Eleccións de 2024 ó Consello da OSMF: a votación en liña está aberta ata o 19 de outubro ás 16.00h (UTC), cando comezará a Asemblea Xeral Anual

Logo da Fundación OpenStreetMap
Logo oficial de OSM de Ken Vermette, CC-BY-SA 3.0, aplica marca rexistrada.

Esta fin de semana, aproveita para ler as respostas e os manifestos das persoas candidatas e votar nas eleccións de 2024 ó Consello da Fundación OSM!

Os correos electrónicos de votación de OpaVote enviaranse ós membros da Fundación OSM elixibles este sábado 12 de outubro de 2024, despois das 16:00 UTC, e ligarán directamente á páxina de votación, listando cada candidatura en orde aleatoria permitindo clasificalas por orde de preferencia.


Elixibilidade para votar

Podes votar nas eleccións se

  • fuches persoa socia durante os 90 días completos anteriores á data da Asemblea Xeral Anual (que terá lugar o 19 de outubro de 2024), e
  • a túa adhesión non está en mora 7 días antes da data da Asemblea Xeral Anual, e
  • es unha persoa física.


Correo electrónico de OpaVote

O correo electrónico da plataforma de votación en liña OpaVote enviarase ó enderezo de correo electrónico asociado á túa adhesión á Fundación OSM e

  • o asunto do correo electrónico será: [OpenStreetMap Foundation] Vote for 2024 Board Elections [some_random_letters]. Traducido ó galego: [Fundación OpenStreetMap] Vota para as eleccións da Xunta de 2024 [algunhas_letras_ó_chou],
  • o remitente será: noreply@opavote.com

Se cres que deberías ter recibido un correo electrónico de votación pero non o atopas antes do domingo 13 de outubro, consulta o teu cartafol de spam. Se aínda falta, envía unha mensaxe ó enderezo de correo electrónico mencionado aquí.


Información de votación e respostas a preguntas frecuentes

Podes atopar máis información sobre a votación e respostas ás preguntas máis frecuentes nesta páxina.

Asegúrate de ler o aviso da páxina antes de votar.


Data límite para votar: sábado 19 de outubro ás 16.00h UTC

As urnas permanecerán accesibles durante unha semana, pechando o sábado 19 de outubro de 2024 ás 16.00h UTC, cando comezará a Asemblea Xeral Anual. Pedimos que voten con antelación.


Queres traducir esta e outras publicacións do blog a outra lingua? Envía un correo electrónico a  communication@osmfoundation.org  con asunto: Axuda coas traducións en [your language]

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e o pequeno persoal central traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 15 € ó ano ou de balde se colaboradoras activamente de OpenStreetMap.

Recibe notificacións sobre novas publicacións do blog: subscríbete ó feed RSS en inglés (as fontes tamén están dispoñibles para outros idiomas)

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Dorothea.

OSM foi nomeado Ben público dixital pola axencia encargada afiliada á ONU

por Craig Allan

OpenStreetMap solicitou e foi admitido como Ben público dixital pola Alianza para os Bens públicos dixitais (DPGA, polas súas siglas en inglés), unha iniciativa de varias organizacións avalada polas Nacións Unidas. A designación é un paso importante para asegurarse de que OpenStreetMap sexa recoñecido polo seu papel positivo no desenvolvemento económico global.

Ó se rexistrar formalmente na DPGA, o proxecto OSM gañou agora máis lexitimidade e un perfil de relevo internacional vinculado ó avance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

Que son os Bens públicos?

O concepto de “ben públicos” foi creada por economistas para describir cousas que son gratuítas, inesgotables e non competitivas. O sol é un bo exemplo: non custa nada, nunca se esgota e se a túa veciñanza o usa moito, o teu propio abastecemento non se ve diminuído en absoluto.

Igual que a luz do Sol, os datos de OSM son gratuítos, podes usalos tanto como queiras e, aínda que a túa veciñanza tamén os use moito, o teu propio suministro non se esgota. Ten en conta que os datos son un ben público, non os servidores: os nosos servidores non son gratuítos e son un recurso limitado.

Facer do mundo un lugar mellor

As Nacións Unidas convocaron un grupo de persoas expertas en 2019 para analizar a cooperación dixital en apoio ó desenvolvemento global. O seu informe “A era da interdependencia dixital” tiña cinco recomendacións principais. As cinco son excelentes propostas, pero a quinta é particularmente relevante para OSM xa que di que as Nacións Unidas deberían fomentar a cooperación dixital mundial. O texto exacto é:

“Os bens públicos dixitais son esenciais para liberar todo o potencial das tecnoloxías e datos dixitais para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en particular para os países de renda media e baixa”.

Isto significa que as Nacións Unidas están a promover o uso de software libre e de datos abertos como ferramenta para os países de ingresos medios e baixos e permitirlles avanzar e cumprir os obxectivos de desenvolvemento acordados polas Nacións Unidas. Esta promoción é especialmente importante porque os datos gratuítos combinan ben co software libre e poden ser amplamente utilizados ata polos gobernos menos desenvolvidos. Ademais, os datos e aplicacións gratuítas permiten ós gobernos avanzar no seu desenvolvemento sen desviar os escasos recursos para pagar as taxas de licenza ás empresas de países ricos.

A ONU creou entón a Alianza de Bens públicos dixitais como axencia de execución desta quinta proposta, co mandato de avanzar no desenvolvemento e uso de bens públicos dixitais para o desenvolvemento.

A DPGA creou un rexistro de sistemas abertos aprobados, aplicacións abertas e datos abertos ó que todos poden acceder para o avance do desenvolvemento global.

Por que é importante para OSM?

OSM é unha forza grande pero nalgúns aspectos non recoñecida no desenvolvemento global. Subxace en moitos esforzos humanitarios, apoia a investigación académica de moitas especializacións diferentes e é un compoñente de gran parte do desenvolvemento de software, especialmente en aplicacións xeográficas e de navegación. Os datos OSM tamén son xa amplamente utilizados polas axencias das Nacións Unidas, as ONG internacionais e por gobernos a todos os niveis e de todo o mundo.

Ó rexistrarse formalmente na DPGA, o movemento OSM gañou agora máis lexitimidade e un perfil de relevo internacional vinculado ó avance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. En palabras máis sinxelas, e isto é algo que a maioría de nós sabiamos desde sempre: a ONU pensa que OSM é unha excelente ferramenta para facer do mundo un lugar mellor para todos.

Este rexistro potencia a lexitimidade e o perfil de OSM e os seus socios e crea novas oportunidades. Unha área importante reside no ambiente de traballo gobernamental. O status de OSM como Ben público podería usarse para abrir portas e promover un maior uso de OSM por parte das organizacións gobernamentais a nivel nacional, rexional e local. Isto podería darlle a OSM a oportunidade de acceder ós datos en poder do goberno e/ou ós fondos gobernamentais para impulsar a nosa comunidade de cartografía e/ou a unha serie de recursos para reforzar os nosos sistemas de entrega, beneficiando a todo o mundo.

(Ten en conta que a Fundación OSM aínda non desenvolveu unha estratexia para fomentar e facilitar o uso de OSM nos espazos gobernamentais; esta aínda está en fase de idea).

O impulso ó perfil e a lexitimidade de OSM e as persoas e institucións socias tamén pode axudarnos a defender o investimento filantrópico en OSM.

Un último pensamento irónico sobre as posibilidades desta oportunidade é que OSM foi creado orixinalmente por Steve Coast como resposta ós controis na cartografía gobernamental. Sería moi satisfactorio que a cartografía gratuíta e aberta medrara para ser a base de gran parte da cartografía gobernamental.

Tom Hughes foi recoñecido polas súas contribucións a OpenStreetMap na lista de honras de 2024 de OpenUK

OpenUK premiou a Tom Hughes por ser un dos principais colaboradores de código aberto na súa Lista de Honras de 2024 . É a cuarta vez que a organización británica de tecnoloxía aberta publica esta lista para honrar ás persoas influíntes no código aberto de todo o Reino Unido.

Tom é un administrador do sistema OSM e un dos mantedores do código openstreetmap.org. Mantén e mellora o proxecto da páxina web desde arredor de 2006. A súa inclusión na Lista de Honras de 2024 de OpenUK é un merecido recoñecemento por case dúas décadas de duro traballo como voluntario.

Parabéns, Tom, e grazas pola túa inquebrantable dedicación a OpenStreetMap!

Queres saber máis sobre como Tom mantén o proxecto do sitio web OpenStreetMap e descubrir como podes axudar? Consulte a charla “Mantendo OpenStreetMap.org” que o seu compañeiro de mantemento Andy Allan deu no Estado do Mapa Europa 2023.

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.

Microsoft compromete 150.000 dólares para apoiar a OpenStreetMap

O Consello da Fundación OpenStreetMap ten o pracer de anunciar a doazón de 150.000 dólares de Microsoft para beneficiar o proxecto e a comunidade OpenStreetMap. Este apoio substantivo irá directamente á mellora das operacións e infraestruturas de OSM, así como ao financiamento de actividades comunitarias de OSM como eventos locais, rexionais e globais sobre o Estado do Mapa .

En Microsoft, estamos totalmente comprometidos en apoiar OpenStreetMap, non só a través de contribucións financeiras, senón tamén mediante a aceptación e o fomento dos datos de mapas abertos e participando activamente na comunidade mediante o voluntariado e os esforzos de desenvolvemento.

Marko Panić, xefe principal de produtos de Microsoft

Os fondos desta doazón asignaranse das seguintes formas:

É importante destacar que Microsoft apoia a OSM mediante doazóns “en especie”, así como con contribucións monetarias. Doou coñecementos técnicos e recursos de enxeñería; axudou a crear conciencia sobre a importancia de OSM entre outras empresas, organizacións sen ánimo de lucro e outras entidades; e desempeñou un importante papel de consultoría no Consello Consultivo de OSM.

O Consello Asesor de OSM é un grupo único dentro da comunidade OSM que reúne empresas e comunidades locais.  Constrúe conexións positivas entre as empresas que usan e contribúen a OSM e as comunidades locais que coñecen as súas peculiaridades, encabezan proxectos de desenvolvemento e reúnen ás persoas mapeadoras de OSM a través de talleres e outros eventos.

— Mikel Maron, membro do Consello da OSMF

Microsoft, a través dos seus representantes, doazóns e outras axudas, proporcionou un apoio importante para o mantemento do editor iD, está a traballar en melloras no fluxo de rexistro de OSM e presentou OSM a unha base de usuarios máis ampla a través da ferramenta de creación de mapas de Bing. O Consello de OSMF agradece as moitas contribucións ao éxito de OpenStreetMap.

A OSMF recolle o apoio en especie, así como financeiro, para o desenvolvemento técnico, as operacións e a comunidade de OSM: 


A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa. Os nosos grupos de traballo voluntarios e un persoal moi reducido son o apoio principal para o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ao ano ou de balde se colaboradoras activamente con OpenStreetMap.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

Seccións locais: que tes que saber e como podes unirte

Que é unha Sección local?


As persoas que colaboradoran e os grupos ou comunidades son os principais impulsores do proxecto OpenStreetMap. Como medio de apoiar e fomentar as comunidades locais, a Fundación OSM recoñece ás entidades xurídicas a nivel de país ou rexión, chamadas “Seccións locais”, para representar as persoas cartógrafas e os datos OSM cando tratan cos gobernos locais, as empresas ou os medios de comunicación.

Obtén máis información sobre as seccións locais recoñecidas.

Como podes unirte a unha sección local?

Aínda que non é obrigatoria entrar nunha Sección local formalmente recoñecida para operar como un grupo de OSM nacional ou rexional, facelo ten vantaxes. Estes inclúen unha guía simplificada para usar a marca rexistrada OpenStreetMap e un mecanismo que representa aos grupos en calquera proceso de toma de decisións da OSMF.

Estas dúas páxinas explican como unirse:

Ten en conta que a OSMF mellorou recentemente este proceso.  Un cambio importante é que o Grupo de traballo de Seccións e Comunidades Locais (LCCWG) procesará e revisará as solicitudes antes de facer unha recomendación ao Consello da OSMF.

Por que unirse como unha Sección local?

A OSMF valora moito as diversas comunidades de OSM e as súas contribucións ao mapa. Serven como embaixadores/as  nas súas áreas estatais/nacionais/rexionais promovendo a creación e a mellora de mapas, así como creando e desenvolvendo usos para os datos e ferramentas OSM que se axusten ás súas necesidades.

Ao converterse nunha comunidade formalmente recoñecida, as Seccións locais poden:

  • Usar oficialmente o nome e a marca rexistrada de OSM
  • Representar a OSMF nas interaccións con gobernos e empresas
  • Asistir ao Consello Consultivo da OSMF (para garantir que se escoiten as ideas e opinións da súa comunidade local)

A solicitude como Sección local é gratuíta –  Sodes benvidas!

Coñece as Seccións locais!

O Consello da OSMF pídelle ás Seccións locais que compartan os informes anuais para asegurarse de que están aliñados na procura dos obxectivos compartidos. Tamén é unha oportunidade para compartir o traballo incrible de cada sección con outras comunidades de mapas e OSM. Os informes recentes e pasados ​​pódense atopar aquí .  

A continuación móstranse algúns dos aspectos máis destacados dos informes anuais deste ano:

OSM Italia (a través de Wikimedia Italia)

A comunidade OSM en Italia con Wikimedia Italia estivo ocupada facendo que a conferencia do Estado do Mapa 2022 fose un éxito! Revive o momento a través deste vídeo :


OSM Eslovaquia

Permitimos ás persoas usuarias de freemap.sk cargar e ver fotos. A nosa galería de fotos contén case 300.000 fotos, incluíndo máis de 10.000 fotos de guías de sendeirismo e ciclismo.

da páxina de Facebook de freemap.sk

OSM Reino Unido

Como grupo, seguimos compartindo a palabra sobre OpenStreetMap e as persoas mapeadoras do Reino Unido. Isto abarcou desde a cartografía de residuos e centros de reciclaxe durante os fins de semana de hackeo de CodeTheCity, ata a presentación de Andy Mabbett ante a Data Management Association e a British Computing Society. Este último é un bo exemplo onde contar cunha organización oficial proporciona unha vía para que empresas ou colectivos soliciten axuda.

de @stevefaeembra en X (antes Twitter): “Densidade de aeroxeradores nas Illas Británicas. Hexagonal agrupado en hexágonos de 10 km. Usando os datos de copyright dos colaboradores de OpenStreetMap e #qgis. (Advertencia habitual para OSM, isto só mostra as turbinas mapeadas. Mapeáronse ao redor de 15.000)”

OSM República Checa

Ferramenta de benvida: en 2021, desenvolvemos e publicamos a ferramenta de benvida, que se usa para enviar unha mensaxe de benvida ás persoas que colaboran por primeira vez nunha área específica. En 2021 enviamos varios centos de mensaxes de benvida e seguimos facéndoo desde entón. Consulta github.com/osmcz/greeter-osm.

https://openstreetmap.cz/splash

OSM EUA

OSM EUA organizou recentemente o 11º Estado do Mapa dos EUA en xuño de 2023 en Richmond, Virxinia. Consulta os vídeos na lista de reprodución de Youtube e as fotos en Flickr.

de https://openstreetmap.us/news/2023/01/2022-year-in-review

OSM Xapón

OSM Xapón organizou o Estado do Mapa de Xapón 2022 en Kakogawa e en liña co tema: "Reiniciar" despois da pandemia de COVID19. Foi organizado por 12 voluntarios e asistiron 140 participantes con 15 estudantes voluntarios. Podes ver aquí varios vídeos.

de https://openstreetmap.us/news/2023/01/2022-year-in-review

OSM Francia

O ano 2021-2022 foi a ocasión para que OSM Francia se integrase no Consello plenario do CNIG (Consello Nacional de Información Xeolocalizada). A actividade do CNIG crece tras o nomeamento do seu novo presidente o pasado ano.
Esta entrada da asociación é unha excelente noticia. Recoñece o traballo de toda a comunidade ao servizo do proxecto OSM e sinala oficialmente a importancia do proxecto no panorama da información xeográfica.



A comunidade OpenStreetMap en Francia

OSGeo Oceanía

OSGeo Oceanía organizou o FOSS4G Estado do Mapa Oceanía 2022 co GIS das Illas do Pacífico e a Conferencia de usuarios/as de teledetección en Fidxi en decembro de 2022. Podes ver a presentación aquí. Este ano, a conferencia rexional será en Aukland - atopa máis información na web oficial da conferencia.

desde https://osgeo-oceania.org/

FOSSGIS Alemaña

A Conferencia FOSSGIS 2023 tivo lugar en marzo en Berlín. Coa asistencia de máis de 500 persoas, FOSSGIS Konferenz está dirixida a persoas usuarias e empresas locais coa intención de reunirse e aprender sobre novos desenvolvementos e colaborar nas actividades da sección local na súa propia lingua.

Os seguintes tres exemplos de mapas mostran parte da colonia de xardíns de parcelas de Berlín “Am Stadtpark I” ALKIS  como exemplo de xeodatos oficiais (esquerda), 
modelo de superficie dixital baseado en imaxes (bDOM)  como exemplo da información aberta de datos de teledetección (imaxe do medio), 
Mapa OpenStreetMap  (dereita).
de https://www.fossgis.de/aktivit %c3% a4ten/grueneoasen/

OSM Islandia

OSM Islandia reuniuse co National Land Survey of Iceland, que foi o encargado de crear un conxunto de datos de estradas gratuíto e aberto. Ata agora os datos de estradas da OSM eran a rede viaria de facto utilizada nos traballos tanto por organizacións gobernamentais como non gobernamentais. No sitio web da OSMF está dispoñible unha presentación feita en 2020 para o Consello de OSMF.


OSM Suíza

En xaneiro de 2023, o podcast de Geomob contou cun activo cartógrafo suízo, Simon, que é o actual presidente da asociación OpenStreetMap Suíza. Escoita as súas motivacións para seguir con este proxecto e a súa perspectiva sobre a comunidade OpenStreetMap e o seu futuro.

de: https://twitter.com/SwissOSM/status/1668582508693266434

OSM Bélxica

Nota: OSM BE non é actualmente unha Sección local recoñecida debido a cambios internos na organización. Non obstante, este informe reflicte un período no que foron recoñecidos.

OSM Bélxica estivo ocupada organizando Estado do Mapa Europa 2023 que terá lugar en Amberes. Espera reunir aos membros máis brillantes e activos da comunidade de cartografía e desenvolvemento de OpenStreetMap para un intercambio detallado de resultados e ideas que apoien o éxito continuo das distintas iniciativas reforzando os proxectos e a colaboración en curso. Máis información na páxina web.

A evolución da cartografía de estradas en Bruxelas. Verde: estradas lentas. Gris: estradas cartografadas. Negro: estradas que se están a traballar nese mes. Desde https://openstreetmap.be/en/projects/road-completion.html

OSM República Democrática do Congo

A finais de 2022, OSM DRC comezou proxectos de crowdmapping das principais vías navegables utilizando unha base de datos abertos para identificar as que faltaban e dixitalizalas manualmente. Dúas provincias (Lualaba e Haut-Katanga) de 26 están a finalizar agora, pero queremos acadar unha cobertura nacional. Podes ver esta presentación durante a Community Spotlight da OSMF en xullo de 2023.


OSM Irlanda

O proxecto OSM Ireland Buildings Microgrant concluíu en 2022, con 200.000 edificios mapeados co crecemento da comunidade como resultado das frecuentes reunións e golosinas da comunidade en liña. Consulta o informe completo na wiki.


OSM Austria

OSM Austria segue estendendo o coñecemento de OpenStreetMap no país. Participaron na Maker Faire Vienna 2023, a feira de creadores e inventores mundiais, e están desexando participar na Maker Faire Salzburg en novembro deste ano.

desde https://www.openstreetmap.at/2023/07/das-war-die-gi-salzburg-2023/

Free Libre Open Source Software Kosovo

Fomento da participación comunitaria en Albania: OSM Kosovo xogou un papel integral no establecemento e organización da comunidade OpenStreetMap en Albania. Os seus esforzos centráronse en fomentar unha comunidade de cartografía vibrante, promover o uso de ferramentas de cartografía de código aberto e facilitar a colaboración entre varias partes interesadas.

https://flossk.org/foss4g-wraps-up-its-2023-edition-in-prizren/

Stowarzyszenie OpenStreetMap Polonia

OSM Polonia estivo desenvolvendo o proxecto OpenAEDMap, que chegou a máis de 5.600 localizacións dos dispositivos AED; isto é posible grazas ao activismo comunitario e a unha campaña entre as entidades do goberno local.
https://openstreetmap.org.pl/2023/laboratorium-regionow-warmia-i-mazury-popularyzacja-openstreetmap/

Se ti e a túa comunidade tedes interese en crear unha Sección local, comprobade esta páxina de preguntas frecuentes ou poñédevos en contacto co LCCWG por correo electrónico local@osmfoundation.org .


A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

Consulta á comunidade: o Plan Estratéxico da OSMF (2ª versión)

Como parte do noso traballo durante os últimos tres meses, o Consello da Fundación OSM estivo revisando o Plan Estratéxico da OSMF. Agora compartimos unha versión reescrita para recibir comentarios dos e das membros de OSMF e da comunidade OSM.

Podes atopar a última versión aquí.  Engade as túas ideas e achegas a través do Foro da Comunidade ou na lista de correo

Destacados: 

As roldas de comentarios sobre versións anteriores do Plan foron moi útiles para definir onde estamos agora. Verás moitos cambios no documento.  

  • O Plan comeza cun preámbulo que ofrece unha visión xeral de onde estamos agora e cara a onde temos intención de ir.
  • O Plan conserva os catro piares arredor dos que o Consello da OSMF organiza o seu traballo: infraestrutura técnica, desenvolvemento comunitario, desenvolvemento institucional e goberno financeiro
  • Dentro destes, hai un conxunto de obxectivos e algunhas mencións a grandes accións. O máis importante é que hai unha indicación de que parte da OSMF é responsable de desenvolver e levar a cabo as accións.
  • En xeral, o Plan é máis conciso e, pensamos, máis claro, proporcionando unha base sólida para comprender o traballo da OSMF.

Que segue? 

Revisaremos os comentarios de forma continua durante as próximas tres semanas, seguido dun debate do Consello por chat a mediados do mes de setembro. Despois faremos revisións adicionais baseadas nos comentarios coa ambición de aprobar o Plan na reunión do Consello do 21 de setembro de 2023.

Agardamos saber de ti e grazas a quen participou neste proceso!


A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap. Podes facer un agasallo para apoiar o traballo de OpenStreetMap en supporting.openstreetmap.org

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

Anuncio do Estado do Mapa 2024: únete a nós en Nairobi ou en liña do día 6 ó 8 de setembro de 2024

Prepárate para coñecer e conectar coas vellas e novas amizades cartógrafas da comunidade global de OpenStreetMap un ano máis!

Estamos encantados de anunciar oficialmente que a conferencia global da comunidade OpenStreetMap, o Estado do Mapa (State of the Map ou SotM), chegará a Nairobi (Kenia) do 6 ó 8 de setembro de 2024. Este evento histórico reunirá a mapeadoras apaixonadas, entusiastas dos datos, tecnólogos e membros da comunidade de todos os recunchos do globo para celebrar o espírito de colaboración e a cartografía aberta.

Tras os bos comentarios do Estado do Mapa 2022 de Firenze, a edición de 2024 volverá a celebrarse nun formato híbrido. A partir das valiosas leccións e experiencias dos eventos anteriores, comprometémonos a que sexa aínda máis accesible para quen queira participar na gran celebración do mapeo aberto, compartindo as súas voces apaixonadas con toda a comunidade.

Foto: Vista de Nairobi, Kenia desde KICC por Daryona , CC-BY-SA 4.0 a través de Wikimedia Commons

Estamos desexando colaborar co equipo local de Nairobi para organizar unha experiencia innovadora e inclusiva no Estado do Mapa 2024, con sesións o máis accesibles e inclusivas posibles para a nosa comunidade global.

Marca o teu calendario e prepárate para formar parte do SotM 2024! Presta atención ás actualizacións sobre oradores e oradoras, axenda, entradas e como participar a medida que se achega o evento. Imos reunir os nosos mapas, empaquetar as nosas ideas e prepararnos para emprender unha viaxe inesquecible no Estado do Mapa 2024 de Nairobi.

O Comité Organizador do Estado do Mapa

Síguenos en @sotm para estar ó día das novidades.
A conferencia do Estado do Mapa é a conferencia internacional anual de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, é está apoiada financeiramente coas cotas das persoas socias e doazóns
. O Comité Organizador do Estado do Mapa é un dos nosos Grupos de Traballo de voluntariado.


OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa do mundo gratuíto. Para iso, nós, miles de persoas voluntarias, recompilamos datos sobre estradas, vías férreas, ríos, bosques, edificios e moito máis en todo o mundo. Todos os nosos datos de mapas poden ser descargados de balde e usalos para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible elaborar os seus propios mapas que destaquen determinadas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se necesitan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Enock Seth Nyamador.

Feliz aniversario, OpenStreetMap

OSM fai 19 anos e estamos lanzando unha campaña de recadación de fondos para apoiar o seu futuro

Hai 19 anos, o fundador de OSM, Steve Coast, publicou este convite para a festa do primeiro aniversario de OpenStreetmap.

En 2005, as cousas estaban movéndose moi rapidamente para OpenStreetMap. O movemento máis amplo de datos abertos estaba alcanzando todo o seu impulso con reunións como o Cumio Mundial sobre Infraestruturas de Información Libre (WSFII), campañas de compromiso para a creación de xeodatos abertos ou difusión en grandes medios como este artigo en The Guardian. Xusto despois da súa primeira festa de aniversario en agosto, a interface de OSM lanzouse en OSM.org. Pouco despois, tamén se lanzou un novo Applet “xenial” para “substituír o horrible vello“.

En 2006, as integrantes de OSM estaban xa mapeando todo o mundo:

A tradición do aniversario da OSM

Cando OpenStreetMap cumpriu dez anos en 2014, o número de celebracións aumentara moito desde aquel primeiro aniversario no Strongroom Bar de Londres. De feito, necesitou un mapa mundial para visualizalas todas.

Na sección “Aniversarios” da wiki de OSM, hai un tesouro de fotos e subtítulos das moitas, moitas festas de aniversario dos mapas de OSM.

Se esta semana celebras o 19º aniversario de OSM, asegúrate de compartir algunhas fotos. 🎂

Entón, que aspecto ten OSM ós 19 anos?

OpenStreetMap é o maior proxecto xeoespacial de código aberto e producido por de forma colectiva de todos os tempos. Hai 18 seccións OSM establecidas formalmente en cinco continentes e ducias máis de comunidades locais, que colaboran en centos de canles de comunicación en máis de 50 idiomas en case todos os países do mundo.  O mapa e os seus datos son agora unha fonte xeoespacial mundialmente recoñecida. A API é utilizada por millóns de persoas e a comunidade está motivada, é polivalente e diversa cultural e xeográficamente. OSM mesmo acolleu ó seu primeiro enxeñeiro de estabilidade remunerado hai un ano en recoñecemento ó tamaño e alcance do proxecto.

Crédito da imaxe: Kate Varfolomeyeva, 2023

Para ter unha idea aínda mellor do que OSM significa para a súa comunidade en 2023, pedimos ós e ás membros da comunidade que nos digan por que lles encanta OSM. Aquí tes só algunhas das moitas respostas: 

Crédito da imaxe: Kate Varfolomeyeva, 2023

Entón, podes ver por que este é un momento importante para OpenStreetMap. Dentro dun ano, o proxecto cumprirá vinte anos: os seus datos están a axudar a resolver algúns dos retos máis urxentes do mundo, hai unha nova tecnoloxía que facilita a cartografía e o entusiasmo pola cartografía é máis forte ca nunca. 

Para afrontar estes desafíos e oportunidades, o consello da Fundación OSM está a traballar nun plan estratéxico que pode axudar a apoiar a nosa comunidade de voluntarios en constante crecemento, financiando estratexicamente habilidades como xestión de proxectos, enxeñería, desenvolvemento front-end e ofrecendo recompensas e patrocinio para contribuír a fomentar un mapa diverso e inclusivo para todas as persoas.  

É por iso que agora é o momento de compartir o teu tempo e diñeiro para axudar a protexer o futuro de OpenStreetMap.

É o aniversario de OSM! Por favor, doa para apoiar o seu futuro

A partir de hoxe, a OSMF organizará unha campaña de recadación de fondos en liña para apoiar o futuro de OSM. Aquí tes o que podes facer para axudar:

  1. Publica e comparte a túa celebración do aniversario de OSM cunha chamada a doar: podes facer unha foto da túa festa e usar o hashtag #HappyBirthdayOSM e/ou #WeAreOSM e enlaza a https://donate.openstreetmap.org . 
  2. Fai un agasallo de calquera tamaño para o futuro de OSM. Ó apoiar a OSM con agasallos de todo o mundo, mostramos a forza e a inclusión da nosa comunidade global. 
  3. Edita o mapa! 🗺

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ao ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

Por que as conferencias do Estado do Mapa son tan importantes para OSM

Se tiveches a sorte de asistir a unha conferencia sobre o Estado do Mapa (State of the Map, ou SotM, polas súas siglas en inglés), xa sabes que ofrecen algúns dos mellores coñecementos, habilidades e formación de SIX e xeoespaciais dispoñibles, ademais de ser un evento de networking fantástico con moito tempo social divertido e atractivo. Se acabas de chegar á comunidade de OpenStreetMap e aínda non asistiches a un SotM ou formas parte dunha empresa que está pensando en patrocinar un SotM, ademais de poder enviar un grupo como asistentes, esta publicación é para ti.

Crédito da imaxe: Parker Michels-Boyce Photography. Etiqueta a @OpenStreetMapUS nas publicacións que fagas en redes sociais ó usar as fotos.

Que é un SotM?

OSM organiza reunións anuais sobre o Estado do Mapa como unha forma de construír comunidade, compartir ferramentas e investigacións e establecer redes entre a comunidade co obxectivo de mellorar o mapa. Hainos de todos os tamaños e organízanse a nivel local, rexional e global, pero o obxectivo é sempre o mesmo: reunirse para falar de investigacións, ferramentas, iniciativas e outros temas comunitarios sobre a elaboración de mapas. Os SotM locais e rexionais están organizados polas comunidades locais e o SotM global está organizado pola Fundación OSM. 

As conferencias do Estado do Mapa constrúen pontes entre as e os cartografadores de OSM e os activistas comunitarios, as desenvolvedoras de código aberto, o persoal investigador de universidades e institucións académicas, deseñadores, cartógrafas, así como profesionais da tecnoloxía de empresas privadas e institucións públicas.

Que tipos de temas se tratan?

A gama de temas é tan diversa como a comunidade. Os tipos de presentacións van desde “charlas lóstrego” de 5 minutos ou presentacións de 15-20 minutos ata obradoiros de 75 minutos. Abarca temas como o desenvolvemento de plataformas e ferramentas, a análise de datos, a cartografía humanitaria e moitos outros. As persoas que presentan están afiliadas a comunidades locais, a Youthmappers, a HOTOSM, a maplibre, a FOSS4G, á academia ou a outras organizacións sen ánimo de lucro e pequenas e grandes empresas.

O SotM global de 2022 de Florencia, Italia, ofrece un bo exemplo da gama de información e habilidades que están representadas nun SotM. Aquí tes só algúns dos títulos daquelas sesións: “OSM Carto como teselas Vector: innovando en conxuntos de datos derivados de OpenStreetMap”, “Cartografando unha pequena cidade”,  “maplibre-rs: representación de mapas multiplataforma usando Rust”, “Dez anos de iD Editor: o camiño por diante” ou “O liderado das mulleres no mapeo de comunidades ribereñas da selva amazónica empregando OSM”.

Estes exemplos apenas raspan a superficie.  Aquí tes o programa completo e aquí as gravacións das presentacións. Aquí está tamén a exposición de carteis: si, incluso as paredes do SotM de 2022 eran educativas. E aquí tedes un resumo do expediente académico.

Entón, como podes ver, un SotM ofrece inspiración e coñecemento para quen teña interese no futuro da tecnoloxía xeoespacial, OpenStreetmap e software e datos de código aberto e gratuíto.

A comunidade OpenStreetMap pasa os 365 días do ano construíndo xuntos o mellor mapa do mundo. O Estado do Mapa dos EUA é a oportunidade de pasar uns días, en persoa, construíndo a mellor comunidade. O evento é único en xeo, xa que atrae tanta diversidade de temas e asistentes. A industria privada, as persoas afeccionadas de forma individual, a academia e mesmo o goberno únense para conectarse, innovar e aprender do resto.

 
 –Maggie Cawley, directora executiva, OSM-EUA

Por que é importante patrocinar conferencias sobre o Estado do Mapa?

Hai moitas boas razóns!

  • A experiencia compartida en todos os SotM contribúe directamente á calidade de OpenStreetMap.
  • É o correcto; as empresas que se benefician de OSM deberían apoiar a comunidade e atribuír os datos.  As doazóns ó proxecto a través da OSMF, o patrocinio de SotMs, a converterse nun membro corporativo e o intercambio de ferramentas e datos son boas formas de devolver.
  • É unha excelente oportunidade de contratación. Onde máis podes atopar moitas das mellores mentes en SIX e xeoespaciais nun só lugar?
  • É unha excelente oportunidade de desenvolvemento profesional. Conectarás con outras empresas que traballan en OSM, aprenderás doutras enxeñeiras e analistas e inspirarás decenas de novas ferramentas e proxectos interesantes.
  • Desenvolve a conciencia da marca a través da responsabilidade social corporativa. É ben sabido que os clientes son máis fieis ás empresas que invisten en crear un mundo mellor.

Hai demasiados SotM para representalos todos aquí, pero aquí tes algúns exemplos recentes.

Como podo apoiar un SotM en 2023?

Hai catro grandes SotM rexionais que están por chegar e todos eles necesitan patrocinadores.

FOSS4G Oceanía
Aukland, 16-20 de outubro de 2023: folleto de patrocinio

Esta conferencia fusiona FOSS4G e SotM nunha soa conferencia para centrar os esforzos xeoespaciais de código aberto de Oceanía. A conferencia ofrece ás persoas que mapean en Oceanía unha ligazón a comunidades globais de desenvolvedoras e usuarios e conta co apoio de OSGeo e da Fundación OpenStreetMap. As conferencias anteriores de FOSS4G SotM Oceania en Melbourne, Wellington e Suva foron un éxito rotundo:

  • Melbourne e Wellington esgotáronse con máis de 250 asistentes en cada conferencia
  • Asistentes de máis de 14 países de Oceanía e mesmo de Canadá, Reino Unido ou Estados Unidos
  • Os asistentes incluían profesionais de GIS, desenvolvedoras, afeccionados, persoal que traballa no sector humanitario ou axencias gobernamentais

Estado do Mapa UE
Amberes, 10-12 de novembro de 2023: folleto de patrocinio

Esta conferencia ofrece unha oportunidade para que un grupo diverso de persoas se reúnan e intercambien coñecementos, experiencias e plans para desenvolver o uso e mellora de OSM. Espérase que participen preto de 400 asistentes de Europa e de todo o mundo. A conferencia ofrecerase como un evento híbrido, o que permitirá que participantes adicionais se unan a través da transmisión en directo se non poden unirse presencialmente.

“State of the Map é o lugar onde estás máis preto de sentir o latexo de todo o proxecto. O SotM internacional pode e debe viaxar polo mundo! Pero hai demasiados cartógrafos e usuarios de datos en Europa para que non haxa unha gran conferencia OpenStreetMap en Europa durante dous anos”.

–Joost Schouppe, OSM Bélxica, co-organizador de SotM EU 2023

Estado do Mapa Asia
Bangkok, 21-25 de novembro de 2023: folleto de patrocinio 

Despois dun regreso exitoso o ano pasado en Filipinas, SotM Asia celébrarase este ano en Bangkok, Tailandia. Esperamos reunir entre 300 e 500 participantes de Asia e de fóra para conectarse e discutir non só OpenStreetMap e ferramentas, proxectos e desafíos de datos abertos, senón tamén mostrar as diversas culturas asiáticas.

Estado do Mapa África 
Camerún, 1-3 de decembro de 2023: folleto de patrocinio

OSM Africa é unha comunidade rexional de colaboradoras, usuarios e seguidores de OpenStreetMap de países do continente africano. Isto inclúe cartógrafos, investigadoras científicas ou humanitarias, ONG, axencias gobernamentais, pequenas empresas e tamén outras globais que realizan e/ou apoian traballos no continente. A rede ten como obxectivo facer crecer e producir un mapa completo e ben detallado de África en OpenStreetMap para avanzar na calidade, integridade e sustentabilidade dos datos xeoespaciais en África.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

Convocatoria de voluntariado con habilidades de deseño e arte

Es unha persoa boa no deseño gráfico? Gústache debuxar, pintar ou facer fotografías? Debuxas cómics ou estás a crear unha novela gráfica no teu tempo libre? Tes formación en visualización de datos, tipografía e teoría da cor? Es esa persoa que garabatea no dorso de anacos de papel mentres as outras están a falar?

O Grupo de traballo de Comunicación (CWG, polas súas siglas en inglés) precisa de ti!

Buscamos engadir máis voluntarios ao CWG que nos axuden a engadir narracións visuais ao blog, ás redes sociais e a outras canles para apoiar os eventos de OSM, a recadación de fondos, os proxectos de desenvolvedores e outros proxectos.

O teu compromiso de tempo pode ser tan pouco como unhas poucas horas nun proxecto ata unha ou dúas horas á semana nun proxecto durante os próximos meses. É unha elección túa.

Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto “Visual Storytelling Team” e indícanos un pouco sobre cal é o teu interese, incluíndo calquera ligazón ao teu traballo que queiras compartir. Unha vez que teñamos unha idea de quen está interesado e que tipo de habilidades están dispoñibles, estableceremos unha lista de proxectos e un proceso para compartir solicitudes.

Pronto teremos moitos máis detalles!

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.