Que é unha Sección local?
As persoas que colaboradoran e os grupos ou comunidades son os principais impulsores do proxecto OpenStreetMap. Como medio de apoiar e fomentar as comunidades locais, a Fundación OSM recoñece ás entidades xurídicas a nivel de país ou rexión, chamadas “Seccións locais”, para representar as persoas cartógrafas e os datos OSM cando tratan cos gobernos locais, as empresas ou os medios de comunicación.
Obtén máis información sobre as seccións locais recoñecidas.
Como podes unirte a unha sección local?
Aínda que non é obrigatoria entrar nunha Sección local formalmente recoñecida para operar como un grupo de OSM nacional ou rexional, facelo ten vantaxes. Estes inclúen unha guía simplificada para usar a marca rexistrada OpenStreetMap e un mecanismo que representa aos grupos en calquera proceso de toma de decisións da OSMF.
Estas dúas páxinas explican como unirse:
Ten en conta que a OSMF mellorou recentemente este proceso. Un cambio importante é que o Grupo de traballo de Seccións e Comunidades Locais (LCCWG) procesará e revisará as solicitudes antes de facer unha recomendación ao Consello da OSMF.
Por que unirse como unha Sección local?
A OSMF valora moito as diversas comunidades de OSM e as súas contribucións ao mapa. Serven como embaixadores/as nas súas áreas estatais/nacionais/rexionais promovendo a creación e a mellora de mapas, así como creando e desenvolvendo usos para os datos e ferramentas OSM que se axusten ás súas necesidades.
Ao converterse nunha comunidade formalmente recoñecida, as Seccións locais poden:
- Usar oficialmente o nome e a marca rexistrada de OSM
- Representar a OSMF nas interaccións con gobernos e empresas
- Asistir ao Consello Consultivo da OSMF (para garantir que se escoiten as ideas e opinións da súa comunidade local)
A solicitude como Sección local é gratuíta – Sodes benvidas!
Coñece as Seccións locais!
O Consello da OSMF pídelle ás Seccións locais que compartan os informes anuais para asegurarse de que están aliñados na procura dos obxectivos compartidos. Tamén é unha oportunidade para compartir o traballo incrible de cada sección con outras comunidades de mapas e OSM. Os informes recentes e pasados pódense atopar aquí .
A continuación móstranse algúns dos aspectos máis destacados dos informes anuais deste ano:
OSM Italia (a través de Wikimedia Italia)
A comunidade OSM en Italia con Wikimedia Italia estivo ocupada facendo que a conferencia do Estado do Mapa 2022 fose un éxito! Revive o momento a través deste vídeo :
OSM Eslovaquia
Permitimos ás persoas usuarias de freemap.sk cargar e ver fotos. A nosa galería de fotos contén case 300.000 fotos, incluíndo máis de 10.000 fotos de guías de sendeirismo e ciclismo.
OSM Reino Unido
Como grupo, seguimos compartindo a palabra sobre OpenStreetMap e as persoas mapeadoras do Reino Unido. Isto abarcou desde a cartografía de residuos e centros de reciclaxe durante os fins de semana de hackeo de CodeTheCity, ata a presentación de Andy Mabbett ante a Data Management Association e a British Computing Society. Este último é un bo exemplo onde contar cunha organización oficial proporciona unha vía para que empresas ou colectivos soliciten axuda.
OSM República Checa
Ferramenta de benvida: en 2021, desenvolvemos e publicamos a ferramenta de benvida, que se usa para enviar unha mensaxe de benvida ás persoas que colaboran por primeira vez nunha área específica. En 2021 enviamos varios centos de mensaxes de benvida e seguimos facéndoo desde entón. Consulta github.com/osmcz/greeter-osm.
OSM EUA
OSM EUA organizou recentemente o 11º Estado do Mapa dos EUA en xuño de 2023 en Richmond, Virxinia. Consulta os vídeos na lista de reprodución de Youtube e as fotos en Flickr.
OSM Xapón
OSM Xapón organizou o Estado do Mapa de Xapón 2022 en Kakogawa e en liña co tema: "Reiniciar" despois da pandemia de COVID19. Foi organizado por 12 voluntarios e asistiron 140 participantes con 15 estudantes voluntarios. Podes ver aquí varios vídeos.
OSM Francia
O ano 2021-2022 foi a ocasión para que OSM Francia se integrase no Consello plenario do CNIG (Consello Nacional de Información Xeolocalizada). A actividade do CNIG crece tras o nomeamento do seu novo presidente o pasado ano.
Esta entrada da asociación é unha excelente noticia. Recoñece o traballo de toda a comunidade ao servizo do proxecto OSM e sinala oficialmente a importancia do proxecto no panorama da información xeográfica.
OSGeo Oceanía
OSGeo Oceanía organizou o FOSS4G Estado do Mapa Oceanía 2022 co GIS das Illas do Pacífico e a Conferencia de usuarios/as de teledetección en Fidxi en decembro de 2022. Podes ver a presentación aquí. Este ano,
a conferencia rexional será enAukland - atopa máis información na web oficial da conferencia
.
FOSSGIS Alemaña
A Conferencia
FOSSGIS 2023 tivo lugar en marzo en Berlín.
Coa asistencia de máis de 500 persoas, FOSSGIS Konferenz
está dirixida a persoas usuarias e empresas locais coa intención de reunirse e aprender sobre novos desenvolvementos e colaborar nas actividades da sección local na súa propia lingua.
OSM Islandia
OSM Islandia reuniuse co National Land Survey of Iceland, que foi o encargado de crear un conxunto de datos de estradas gratuíto e aberto. Ata agora os datos de estradas da OSM eran a rede viaria de facto utilizada nos traballos tanto por organizacións gobernamentais como non gobernamentais. No sitio web da OSMF está dispoñible unha presentación feita en 2020 para o Consello de OSMF.
OSM Suíza
En xaneiro de 2023, o podcast de Geomob contou cun activo cartógrafo suízo, Simon, que é o actual presidente da asociación OpenStreetMap Suíza. Escoita as súas motivacións para seguir con este proxecto e a súa perspectiva sobre a comunidade OpenStreetMap e o seu futuro.
OSM Bélxica
Nota: OSM BE non é actualmente unha Sección local recoñecida debido a cambios internos na organización. Non obstante, este informe reflicte un período no que foron recoñecidos.
OSM Bélxica estivo ocupada organizando Estado do Mapa Europa 2023 que terá lugar en Amberes. Espera reunir aos membros máis brillantes e activos da comunidade de cartografía e desenvolvemento de OpenStreetMap para un intercambio detallado de resultados e ideas que apoien o éxito continuo das distintas iniciativas reforzando os proxectos e a colaboración en curso. Máis información na páxina web.
OSM República Democrática do Congo
A finais de 2022, OSM DRC comezou proxectos de crowdmapping das principais vías navegables utilizando unha base de datos abertos para identificar as que faltaban e dixitalizalas manualmente. Dúas provincias (Lualaba e Haut-Katanga) de 26 están a finalizar agora, pero queremos acadar unha cobertura nacional. Podes ver esta presentación durante a Community Spotlight da OSMF en xullo de 2023.
OSM Irlanda
O proxecto OSM Ireland Buildings Microgrant concluíu en 2022, con 200.000 edificios mapeados co crecemento da comunidade como resultado das frecuentes reunións e golosinas da comunidade en liña. Consulta o informe completo na wiki.
OSM Austria
OSM Austria segue estendendo o coñecemento de OpenStreetMap no país. Participaron na Maker Faire Vienna 2023, a feira de creadores e inventores mundiais, e están desexando participar na Maker Faire Salzburg en novembro deste ano.
Free Libre Open Source Software Kosovo
Fomento da participación comunitaria en Albania: OSM Kosovo xogou un papel integral no establecemento e organización da comunidade OpenStreetMap en Albania. Os seus esforzos centráronse en fomentar unha comunidade de cartografía vibrante, promover o uso de ferramentas de cartografía de código aberto e facilitar a colaboración entre varias partes interesadas.
Stowarzyszenie OpenStreetMap Polonia
OSM Polonia estivo desenvolvendo o proxecto OpenAEDMap, que chegou a máis de 5.600 localizacións dos dispositivos AED; isto é posible grazas ao activismo comunitario e a unha campaña entre as entidades do goberno local.
- Informe de actividades e informe financeiro de 2022.
- Sitio web
Se ti e a túa comunidade tedes interese en crear unha Sección local, comprobade esta páxina de preguntas frecuentes ou poñédevos en contacto co LCCWG por correo electrónico local@osmfoundation.org .
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.
A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.
This post is also available in: Inglés Francés Español Grego Coreano árabe