Consulta á comunidade: o Plan Estratéxico da OSMF (2ª versión)

Como parte do noso traballo durante os últimos tres meses, o Consello da Fundación OSM estivo revisando o Plan Estratéxico da OSMF. Agora compartimos unha versión reescrita para recibir comentarios dos e das membros de OSMF e da comunidade OSM.

Podes atopar a última versión aquí.  Engade as túas ideas e achegas a través do Foro da Comunidade ou na lista de correo

Destacados: 

As roldas de comentarios sobre versións anteriores do Plan foron moi útiles para definir onde estamos agora. Verás moitos cambios no documento.  

  • O Plan comeza cun preámbulo que ofrece unha visión xeral de onde estamos agora e cara a onde temos intención de ir.
  • O Plan conserva os catro piares arredor dos que o Consello da OSMF organiza o seu traballo: infraestrutura técnica, desenvolvemento comunitario, desenvolvemento institucional e goberno financeiro
  • Dentro destes, hai un conxunto de obxectivos e algunhas mencións a grandes accións. O máis importante é que hai unha indicación de que parte da OSMF é responsable de desenvolver e levar a cabo as accións.
  • En xeral, o Plan é máis conciso e, pensamos, máis claro, proporcionando unha base sólida para comprender o traballo da OSMF.

Que segue? 

Revisaremos os comentarios de forma continua durante as próximas tres semanas, seguido dun debate do Consello por chat a mediados do mes de setembro. Despois faremos revisións adicionais baseadas nos comentarios coa ambición de aprobar o Plan na reunión do Consello do 21 de setembro de 2023.

Agardamos saber de ti e grazas a quen participou neste proceso!


A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap. Podes facer un agasallo para apoiar o traballo de OpenStreetMap en supporting.openstreetmap.org

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

This post is also available in: Inglés Francés Xaponés Español Korean Arabic