
Quen sexa membro da Fundación OpenStreetMap votará para elixir un novo Consello de dirección en setembro. Hai sete escanos na Consello de dirección da Fundación e estes postos sempre son persoas voluntarias. Quen integra o Consello de dirección adoita exercer o seu cargo durante dous anos ata que o seu escano é reelexido.
Haberá polo menos tres postos dispoñibles no Consello nestas eleccións: os de Dani Waltersdorfer, Guillaume Rischard e Roland Olbricht, cuxos mandatos rematan. Os mandatos de Craig Allan, Héctor Ochoa Ortiz, Laura Mugeha e Maurizio Napolitano aínda continuarán.
As páxinas principais que conteñen a información sobre as eleccións ó Consello e a Asemblea Xeral Anual de 2025 (que terá lugar o 13-09-2025) son:
- Wiki de OSM: https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Foundation/AGM2025/Election_to_Board
- Sitio web da Fundación OSM: https://osmfoundation.org/wiki/Annual_General_Meetings/2025
O prazo de presentación de autocandidaturas está aberto ata o 5 de xullo ás 23:59:59 UTC
Consulta os criterios de elixibilidade (tamén a continuación) e “que é/non é o Consello, as súas regras e responsabilidades e por que presentarse”. Podes crear unha conta na wiki de OSM e postularte engadindo o teu nome á táboa de persoas candidatas (edita a páxina aquí). Data límite: 5 de xullo ás 23:59:59 UTC.
Gran parte do traballo da Fundación lévano a cabo os voluntarios dos nosos Grupos de Traballo e, se queres axudar á Fundación, tamén podes considerar unirte a un deles.
Criterios de elixibilidade
Calquera persoa física pode ser elixida para formar parte do Consello, sempre que:
- fora membro normal da Fundación OSM [1] ou membro asociados [2] durante os 180 días previos á Asemblea Xeral, que terá lugar o 13 de setembro de 2025, e
- fora sido membro normal durante os 28 días completos anteriores á Asemblea Xeral e
- estea dispostos a actuar como membros da Consello e
- estea autorizados pola lei a facelo.
[1] As persoas que son membros normais proporcionan o seu enderezo residencial completo e poden votar en todos os asuntos. O seu enderezo residencial pode ser revelado ó resto de membros.
[2] As persoas que son membros asociados só proporcionan o seu país de residencia, que tamén pode ser revelado ó resto de membros, e poden votar, pero non en todos os asuntos. Ademais, non poden postularse ó Consello
.
Se queres saber o tipo da túa membresía á Fundación OpenStreetMap (normal ou asociada), consulta o correo electrónico de aprobación/renovación da subscrición máis recente ou envía un correo electrónico ás perseas voluntarios do Grupo de Traballo de Membros a membership@osmfoundation.org desde a conta de correo electrónico asociada á túa membresía á Fundación OSM.
Ten en conta que tamén podes cambiar o teu tipo de membresía.
Está xa tamén aberto o prazo para enviar preguntas da comunidade ás persoas candidatas ó Consello
As persoas membros da Fundación OSM poden enviar preguntas a quen se postula ó Consello a través da wiki de OSM ata o 12 de xullo (“ó final do día”, en UTC). O facilitador, Brian Sperlongano, publicará na páxina anterior un conxunto oficial de preguntas o 26 de xullo.
Propostas de membros da Fundación OSM
Calquera persoa que sexa membro da Fundación OSM pode presentar propostas e solicitar ó resto de membros que voten por elas. As porpostas deben contar co apoio de polo menos o 5% das persoas con dereito a voto para poder ser engadidas ás votacións. Lea: Lei de sociedades de 2006: Poder das persoas membros para esixir a circulación de resolucións escritas. A data límite para presentar as propostas apoiadas é o 12 de xullo (en UTC).
Como podes axudar
Algunhas das persoas que son membros actuais ou antigos do Consello mencionaron que a idea de ser candidatos non se lles pasara pola cabeza ata que se lles suxeriu. Polo tanto, quizais deberas considerar presentarte ao Consello ou recomendarllo a outras persoas.
A publicación orixinal en inglés foi escrita por Dorothea Kazazi.
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Adícase a fomentar o crecemento, o desenvolvemento e a distribución de datos xeoespaciais de balde para que calquera poida empregalos e compartilos. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas das persoas socias e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e o pequeno persoal central traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 15 € ó ano ou de balde se colaboradoras activamente de OpenStreetMap
Recibir notificacións sobre novas entradas do blog: Subscribirse á fonte RSS en inglés
This post is also available in: Inglés Francés Español Grego