O Consello da Fundación OpenStreetMap ten o pracer de anunciar a doazón de 150.000 dólares de Microsoft para beneficiar o proxecto e a comunidade OpenStreetMap. Este apoio substantivo irá directamente á mellora das operacións e infraestruturas de OSM, así como ao financiamento de actividades comunitarias de OSM como eventos locais, rexionais e globais sobre o Estado do Mapa .
En Microsoft, estamos totalmente comprometidos en apoiar OpenStreetMap, non só a través de contribucións financeiras, senón tamén mediante a aceptación e o fomento dos datos de mapas abertos e participando activamente na comunidade mediante o voluntariado e os esforzos de desenvolvemento.
— Marko Panić, xefe principal de produtos de Microsoft
Os fondos desta doazón asignaranse das seguintes formas:
É importante destacar que Microsoft apoia a OSM mediante doazóns “en especie”, así como con contribucións monetarias. Doou coñecementos técnicos e recursos de enxeñería; axudou a crear conciencia sobre a importancia de OSM entre outras empresas, organizacións sen ánimo de lucro e outras entidades; e desempeñou un importante papel de consultoría no Consello Consultivo de OSM.
O Consello Asesor de OSM é un grupo único dentro da comunidade OSM que reúne empresas e comunidades locais. Constrúe conexións positivas entre as empresas que usan e contribúen a OSM e as comunidades locais que coñecen as súas peculiaridades, encabezan proxectos de desenvolvemento e reúnen ás persoas mapeadoras de OSM a través de talleres e outros eventos.
— Mikel Maron, membro do Consello da OSMF
Microsoft, a través dos seus representantes, doazóns e outras axudas, proporcionou un apoio importante para o mantemento do editor iD, está a traballar en melloras no fluxo de rexistro de OSM e presentou OSM a unha base de usuarios máis ampla a través da ferramenta de creación de mapas de Bing. O Consello de OSMF agradece as moitas contribucións ao éxito de OpenStreetMap.
A OSMF recolle o apoio en especie, así como financeiro, para o desenvolvemento técnico, as operacións e a comunidade de OSM:
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa. Os nosos grupos de traballo voluntarios e un persoal moi reducido son o apoio principal para o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ao ano ou de balde se colaboradoras activamente con OpenStreetMap.
As persoas que colaboradoran e os grupos ou comunidades son os principais impulsores do proxecto OpenStreetMap. Como medio de apoiar e fomentar as comunidades locais, a Fundación OSM recoñece ás entidades xurídicas a nivel de país ou rexión, chamadas “Seccións locais”, para representar as persoas cartógrafas e os datos OSM cando tratan cos gobernos locais, as empresas ou os medios de comunicación.
Aínda que non é obrigatoria entrar nunha Sección local formalmente recoñecida para operar como un grupo de OSM nacional ou rexional, facelo ten vantaxes. Estes inclúen unha guía simplificada para usar a marca rexistrada OpenStreetMap e un mecanismo que representa aos grupos en calquera proceso de toma de decisións da OSMF.
Ten en conta que a OSMF mellorou recentemente este proceso. Un cambio importante é que o Grupo de traballo de Seccións e Comunidades Locais (LCCWG) procesará e revisará as solicitudes antes de facer unha recomendación ao Consello da OSMF.
Por que unirse como unha Sección local?
A OSMF valora moito as diversas comunidades de OSM e as súas contribucións ao mapa. Serven como embaixadores/as nas súas áreas estatais/nacionais/rexionais promovendo a creación e a mellora de mapas, así como creando e desenvolvendo usos para os datos e ferramentas OSM que se axusten ás súas necesidades.
Ao converterse nunha comunidade formalmente recoñecida, as Seccións locais poden:
Usar oficialmente o nome e a marca rexistrada de OSM
Representar a OSMF nas interaccións con gobernos e empresas
Asistir ao Consello Consultivo da OSMF (para garantir que se escoiten as ideas e opinións da súa comunidade local)
A solicitude como Sección local é gratuíta – Sodes benvidas!
Coñece as Seccións locais!
O Consello da OSMF pídelle ás Seccións locais que compartan os informes anuais para asegurarse de que están aliñados na procura dos obxectivos compartidos. Tamén é unha oportunidade para compartir o traballo incrible de cada sección con outras comunidades de mapas e OSM. Os informes recentes e pasados pódense atopar aquí .
A continuación móstranse algúns dos aspectos máis destacados dos informes anuais deste ano:
OSM Italia (a través de Wikimedia Italia)
A comunidade OSM en Italia con Wikimedia Italia estivo ocupada facendo que a conferencia do Estado do Mapa 2022 fose un éxito! Revive o momento a través deste vídeo :
Permitimos ás persoas usuarias de freemap.sk cargar e ver fotos. A nosa galería de fotos contén case 300.000 fotos, incluíndo máis de 10.000 fotos de guías de sendeirismo e ciclismo.
Como grupo, seguimos compartindo a palabra sobre OpenStreetMap e as persoas mapeadoras do Reino Unido. Isto abarcou desde a cartografía de residuos e centros de reciclaxe durante os fins de semana de hackeo de CodeTheCity, ata a presentación de Andy Mabbett ante a Data Management Association e a British Computing Society. Este último é un bo exemplo onde contar cunha organización oficial proporciona unha vía para que empresas ou colectivos soliciten axuda.
Ferramenta de benvida: en 2021, desenvolvemos e publicamos a ferramenta de benvida, que se usa para enviar unha mensaxe de benvida ás persoas que colaboran por primeira vez nunha área específica. En 2021 enviamos varios centos de mensaxes de benvida e seguimos facéndoo desde entón. Consulta github.com/osmcz/greeter-osm.
OSM Xapón organizou o Estado do Mapa de Xapón 2022 en Kakogawa e en liña co tema: "Reiniciar" despois da pandemia de COVID19. Foi organizado por 12 voluntarios e asistiron 140 participantes con 15 estudantes voluntarios. Podes ver aquí varios vídeos.
O ano 2021-2022 foi a ocasión para que OSM Francia se integrase no Consello plenario do CNIG (Consello Nacional de Información Xeolocalizada). A actividade do CNIG crece tras o nomeamento do seu novo presidente o pasado ano. Esta entrada da asociación é unha excelente noticia. Recoñece o traballo de toda a comunidade ao servizo do proxecto OSM e sinala oficialmente a importancia do proxecto no panorama da información xeográfica.
OSGeo Oceanía organizou o FOSS4G Estado do Mapa Oceanía 2022 co GIS das Illas do Pacífico e a Conferencia de usuarios/as de teledetección en Fidxi en decembro de 2022. Podes ver a presentación aquí. Este ano, a conferencia rexional será en Aukland - atopa máis información na web oficial da conferencia.
A Conferencia FOSSGIS 2023 tivo lugar en marzo en Berlín. Coa asistencia de máis de 500 persoas, FOSSGIS Konferenz está dirixida a persoas usuarias e empresas locais coa intención de reunirse e aprender sobre novos desenvolvementos e colaborar nas actividades da sección local na súa propia lingua.
OSM Islandia reuniuse co National Land Survey of Iceland, que foi o encargado de crear un conxunto de datos de estradas gratuíto e aberto. Ata agora os datos de estradas da OSM eran a rede viaria de facto utilizada nos traballos tanto por organizacións gobernamentais como non gobernamentais. No sitio web da OSMF está dispoñible unha presentación feita en 2020 para o Consello de OSMF.
En xaneiro de 2023, o podcast de Geomob contou cun activo cartógrafo suízo, Simon, que é o actual presidente da asociación OpenStreetMap Suíza. Escoita as súas motivacións para seguir con este proxecto e a súa perspectiva sobre a comunidade OpenStreetMap e o seu futuro.
Nota: OSM BE non é actualmente unha Sección local recoñecida debido a cambios internos na organización. Non obstante, este informe reflicte un período no que foron recoñecidos.
OSM Bélxica estivo ocupada organizando Estado do Mapa Europa 2023 que terá lugar en Amberes. Espera reunir aos membros máis brillantes e activos da comunidade de cartografía e desenvolvemento de OpenStreetMap para un intercambio detallado de resultados e ideas que apoien o éxito continuo das distintas iniciativas reforzando os proxectos e a colaboración en curso. Máis información na páxina web.
A finais de 2022, OSM DRC comezou proxectos de crowdmapping das principais vías navegables utilizando unha base de datos abertos para identificar as que faltaban e dixitalizalas manualmente. Dúas provincias (Lualaba e Haut-Katanga) de 26 están a finalizar agora, pero queremos acadar unha cobertura nacional. Podes ver esta presentación durante a Community Spotlight da OSMF en xullo de 2023.
O proxecto OSM Ireland Buildings Microgrant concluíu en 2022, con 200.000 edificios mapeados co crecemento da comunidade como resultado das frecuentes reunións e golosinas da comunidade en liña. Consulta o informe completo na wiki.
OSM Austria segue estendendo o coñecemento de OpenStreetMap no país. Participaron na Maker Faire Vienna 2023, a feira de creadores e inventores mundiais, e están desexando participar na Maker Faire Salzburg en novembro deste ano.
Fomento da participación comunitaria en Albania: OSM Kosovo xogou un papel integral no establecemento e organización da comunidade OpenStreetMap en Albania. Os seus esforzos centráronse en fomentar unha comunidade de cartografía vibrante, promover o uso de ferramentas de cartografía de código aberto e facilitar a colaboración entre varias partes interesadas.
OSM Polonia estivo desenvolvendo o proxecto OpenAEDMap, que chegou a máis de 5.600 localizacións dos dispositivos AED; isto é posible grazas ao activismo comunitario e a unha campaña entre as entidades do goberno local.
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.
Hai unha nova forma de atopar as comunidades de OSM e conectar con elas.
Na esquina superior dereita de OSM.org agora podes ver unha pestana “Comunidades” que enlaza a un espazo único e centralizada que enumera as seccións locais formalmente constituídas, así como moitas outras comunidades de OSM. Tendo en conta o número de comunidades que hai e o rápido que está a medrar OSM, é un bo momento para engadir unha forma destacada de conectarse.
Unha vez que navegas ata a nova páxina de Comunidades, verás listadas as seccións locais que se envían de forma dinámica a través do índice de comunidades de OSM. De feito, o aspecto máis difícil do proxecto foi descubrir como integrar na páxina os datos do índice de comunidades de OSM (OCI, polas súas siglas en inglés) en lugar de engadir unha simple lista de seccións locais como contido estático. Como sinalou o mantedor do sitio web Andy Allan: “O último tería sido rápido e sinxelo, pero usar o OCI significa que se actualiza automaticamente cando se engaden novos capítulos, e tamén significa que estamos a reutilizar todas as traducións para os nomes das seccións locais nas 46 diferentes linguas que xa apoiamos”.
Aínda que actualmente non hai unha forma de capturar dinámicamente todas as outras comunidades menos formalizadas, a adición da sección “Outros grupos” destaca a súa existencia e indica o camiño para obter máis información.
“É só un comezo”, di o membro do grupo de traballo de comunidade Adam Hoyle, quen tamén traballou no proxecto. “O ideal é que isto poida converterse nunha páxina centralizada aínda mellor para que as persoas e as comunidades se atopen entre si”.
Mostrar unha lista de seccións locais só é rascar a superficie do que se pode facer, agora que se resolveron os diversos desafíos técnicos subxacentes. Por exemplo, cando os novos cartógrafos e cartógrafas establezan a localización do seu fogar no perfil, poderían mostrarse inmediatamente unha lista de foros locais, grupos de cartografía e canles de comunicación personalizadas para a súa localización no seu panel persoal.
A clave para enviar melloras adicionais á páxina “Comunidades” é contar con voluntariado para axudar. “Toda esta información da comunidade xa está no índice de comunidades de OSM, polo que agora necesitamos persoas que axuden a ampliar a nosa integración”, di Allan. Schouppe engade que “este asunto en particular está na axenda do grupo de traballo de comunidades locais desde outubro de 2020 e Adam comezou a traballar nel en xaneiro de 2021. Isto demostra que, como todos somos persoas voluntarias, leva moito tempo e esforzo evolucionar osm.org, pero pódese facer”.
→ Para contribuír ao desenvolvemento de OSM.org, podes visitaro Github principal e/ou esta entrada, que destaca as moitas solicitudes de extracción existentes e dá ideas sobre como contribuír.
→ Para axudar ao grupo de traballo nos seus esforzos para axudar ás comunidades locais a medrar, únete a unha das súas canles.
The OpenStreetMap Foundation is a not-for-profit organisation, formed to support the OpenStreetMap Project. It is dedicated to encouraging the growth, development and distribution of free geospatial data for anyone to use and share. The OpenStreetMap Foundation owns and maintains the infrastructure of the OpenStreetMap project, is financially supported by membership fees and donations, and organises the annual, international State of the Map conference. Our volunteer Working Groups and small core staff work to support the OpenStreetMap project. Join the OpenStreetMap Foundation for just £15 a year or for free if you are an active OpenStreetMap contributor.