Presentamos a lapela Comunidades en OSM.org

Hai unha nova forma de atopar as comunidades de OSM e conectar con elas.

Na esquina superior dereita de OSM.org agora podes ver unha pestana “Comunidades” que enlaza a un espazo único e centralizada que enumera as seccións locais formalmente constituídas, así como moitas outras comunidades de OSM. Tendo en conta o número de comunidades que hai e o rápido que está a medrar OSM, é un bo momento para engadir unha forma destacada de conectarse.

Segundo o membro de Grupo de traballo de seccións locais e comunidade Joost Schouppe, a nova pestana “probablemente sexa o cambio máis visible en osm.org desde a adición de Notas”.

Unha vez que navegas ata a nova páxina de Comunidades, verás listadas as seccións locais que se envían de forma dinámica a través do índice de comunidades de OSM. De feito, o aspecto máis difícil do proxecto foi descubrir como integrar na páxina os datos do índice de comunidades de OSM (OCI, polas súas siglas en inglés) en lugar de engadir unha simple lista de seccións locais como contido estático. Como sinalou o mantedor do sitio web Andy Allan: “O último tería sido rápido e sinxelo, pero usar o OCI significa que se actualiza automaticamente cando se engaden novos capítulos, e tamén significa que estamos a reutilizar todas as traducións para os nomes das seccións locais nas 46 diferentes linguas que xa apoiamos”.   

Aínda que actualmente non hai unha forma de capturar dinámicamente todas as outras comunidades menos formalizadas, a adición da sección “Outros grupos” destaca a súa existencia e indica o camiño para obter máis información.  

“É só un comezo”, di o membro do grupo de traballo de comunidade Adam Hoyle, quen tamén traballou no proxecto.  “O ideal é que isto poida converterse nunha páxina centralizada aínda mellor para que as persoas e as comunidades se atopen entre si”. 

Mostrar unha lista de seccións locais só é rascar a superficie do que se pode facer, agora que se resolveron os diversos desafíos técnicos subxacentes. Por exemplo, cando os novos cartógrafos e cartógrafas establezan a localización do seu fogar no perfil, poderían mostrarse inmediatamente unha lista de foros locais, grupos de cartografía e canles de comunicación personalizadas para a súa localización no seu panel persoal. 

A clave para enviar melloras adicionais á páxina “Comunidades” é contar con voluntariado para axudar. “Toda esta información da comunidade xa está no índice de comunidades de OSM, polo que agora necesitamos persoas que axuden a ampliar a nosa integración”, di Allan. Schouppe engade que “este asunto en particular está na axenda do grupo de traballo de comunidades locais desde outubro de 2020 e Adam comezou a traballar nel en xaneiro de 2021. Isto demostra que, como todos somos persoas voluntarias, leva moito tempo e esforzo evolucionar osm.org, pero pódese facer”.

→ Para contribuír ao desenvolvemento de OSM.org, podes visitaro Github principal e/ou esta entrada, que destaca as moitas solicitudes de extracción existentes e dá ideas sobre como contribuír.

→ Para axudar ao grupo de traballo nos seus esforzos para axudar ás comunidades locais a medrar, únete a unha das súas canles.

 Gustaríame agradecer a Adam Hoyle polo seu traballo e paciencia mentres traballabamos  mediante a posta en marcha das bases técnicas, que levou un tempo pero que nos preparan para o futuro; e tamén ao equipo que está detrás de índice de comunidades que fixo algúns cambios no seu lado das cousas para axudarnos a conseguir as traducións  totalmente funcionando con máis facilidade.-Andy Allan


The OpenStreetMap Foundation is a not-for-profit organisation, formed to support the OpenStreetMap Project. It is dedicated to encouraging the growth, development and distribution of free geospatial data for anyone to use and share. The OpenStreetMap Foundation owns and maintains the infrastructure of the OpenStreetMap project, is financially supported by membership fees and donations, and organises the annual, international State of the Map conference. Our volunteer Working Groups and small core staff work to support the OpenStreetMap project. Join the OpenStreetMap Foundation for just £15 a year or for free if you are an active OpenStreetMap contributor.

This post is also available in: Inglés Francés Italiano Xaponés Español Chinés (Tradicional) árabe