Próxima parada do servizo por mantemento o 22-01-2023

Estimadas cartógrafas e usuarias, estimados cartógrafos e usuarios:

O domingo 22 de xaneiro de 2023 entre as 10:00 e as 15:00 UTC/GMT, os servidores de bases de datos da API non estarán dispoñibles por mantemento. Podes velo no teu fuso horario local en Seguimento do evento – Mantemento da API de OpenStreetMap 1

Estamos a planear actualizar o software que executa a base de datos principal de OpenStreetMap. Desafortunadamente, non podemos facelo sen estar un chisco desconectados.

Estarán afectados os seguintes servizos:

  • O sitio web www.openstreetmap.org NON permitirá edicións,
  • A API non permitirá editar mapas (usando iD, JOSM etc.) e
  • as actualizacións de replicación estarán en pausa (as actualizacións por minutos e a replicación de conxuntos de cambios).

Agardamos que a actualización da base de datos non teña toda a duración e tentaremos, na medida do posible, manter a API dispoñible en modo de só lectura, pero é posible que a API non estea dispoñible brevemente.

Ás veces pode que non poida iniciar sesión en servizos que requiren autenticación de openstreetmap.org (por exemplo, na comunidade, no foro ou na axuda).

Outros servizos proporcionados por OpenStreetMap non deberían verse afectados. Agás o inicio de sesión, espérase que todos os seguintes funcionen normalmente:

Os servizos non executados pola Fundación OpenStreetMap non se verán afectados, agás as actualizacións de OSM.

Os detalles técnicos están na base de datos de Plan de actualización da API de PostgreSQL · Número 548 · openstreetmap/operations · GitHub

Paul Norman


Que é OpenStreetMap?

OpenStreetMap foi fundada en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa do mundo gratuíto. Para iso, nós, miles de persoas voluntarias, recompilamos datos sobre estradas, vías férreas, ríos, bosques, edificios e moito máis en todo o mundo. Todos os nosos datos de mapas poden ser descargados de balde e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible elaborar os seus propios mapas que destaquen determinadas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se necesitan mapas que se poden actualizar rápida ou facilmente.

Que é a Fundación OpenStreetMap?

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Adícase a fomentar o crecemento, o desenvolvemento e a distribución de datos xeoespaciais de balde para que calquera poida empregalos e compartilos. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de socio e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . A Fundación OpenStreetMap apoia o proxecto OpenStreetMap a través do traballo dos nosos grupos de traballo voluntarios. Considera facerte persoa membro da Fundación: podes facelo de balde se es un colaborador activo de OpenStreetMap.

This post is also available in: Inglés Español Chinés (Tradicional) Korean Arabic