Como parte do noso traballo durante os últimos tres meses, o Consello da Fundación OSM estivo revisando o Plan Estratéxico da OSMF. Agora compartimos unha versión reescrita para recibir comentarios dos e das membros de OSMF e da comunidade OSM.
As roldas de comentarios sobre versións anteriores do Plan foron moi útiles para definir onde estamos agora. Verás moitos cambios no documento.
O Plan comeza cun preámbulo que ofrece unha visión xeral de onde estamos agora e cara a onde temos intención de ir.
O Plan conserva os catro piares arredor dos que o Consello da OSMF organiza o seu traballo: infraestrutura técnica, desenvolvemento comunitario, desenvolvemento institucional e goberno financeiro.
Dentro destes, hai un conxunto de obxectivos e algunhas mencións a grandes accións. O máis importante é que hai unha indicación de que parte da OSMF é responsable de desenvolver e levar a cabo as accións.
En xeral, o Plan é máis conciso e, pensamos, máis claro, proporcionando unha base sólida para comprender o traballo da OSMF.
Que segue?
Revisaremos os comentarios de forma continua durante as próximas tres semanas, seguido dun debate do Consello por chat a mediados do mes de setembro. Despois faremos revisións adicionais baseadas nos comentarios coa ambición de aprobar o Plan na reunión do Consello do 21 de setembro de 2023.
Agardamos saber de ti e grazas a quen participou neste proceso!
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ó ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap. Podes facer un agasallo para apoiar o traballo de OpenStreetMap en supporting.openstreetmap.org
Prepárate para coñecer e conectar coas vellas e novas amizades cartógrafas da comunidade global de OpenStreetMap un ano máis!
Estamos encantados de anunciar oficialmente que a conferencia global da comunidade OpenStreetMap, o Estado do Mapa (State of the Map ou SotM), chegará a Nairobi (Kenia) do 6 ó 8 de setembro de 2024. Este evento histórico reunirá a mapeadoras apaixonadas, entusiastas dos datos, tecnólogos e membros da comunidade de todos os recunchos do globo para celebrar o espírito de colaboración e a cartografía aberta.
Tras os bos comentarios do Estado do Mapa 2022 de Firenze, a edición de 2024 volverá a celebrarse nun formato híbrido. A partir das valiosas leccións e experiencias dos eventos anteriores, comprometémonos a que sexa aínda máis accesible para quen queira participar na gran celebración do mapeo aberto, compartindo as súas voces apaixonadas con toda a comunidade.
Estamos desexando colaborar co equipo local de Nairobi para organizar unha experiencia innovadora e inclusiva no Estado do Mapa 2024, con sesións o máis accesibles e inclusivas posibles para a nosa comunidade global.
Marca o teu calendario e prepárate para formar parte do SotM 2024! Presta atención ás actualizacións sobre oradores e oradoras, axenda, entradas e como participar a medida que se achega o evento. Imos reunir os nosos mapas, empaquetar as nosas ideas e prepararnos para emprender unha viaxe inesquecible no Estado do Mapa 2024 de Nairobi.
O Comité Organizador do Estado do Mapa
Síguenos en @sotm para estar ó día das novidades. A conferencia do Estado do Mapa é a conferencia internacional anual de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, é está apoiada financeiramente coas cotas das persoas socias e doazóns. O Comité Organizador do Estado do Mapa é un dos nosos Grupos de Traballo de voluntariado.
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa do mundo gratuíto. Para iso, nós, miles de persoas voluntarias, recompilamos datos sobre estradas, vías férreas, ríos, bosques, edificios e moito máis en todo o mundo. Todos os nosos datos de mapas poden ser descargados de balde e usalos para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible elaborar os seus propios mapas que destaquen determinadas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se necesitan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.
En 2006, as integrantes de OSM estaban xa mapeando todo o mundo:
A tradición do aniversario da OSM
Cando OpenStreetMap cumpriu dez anos en 2014, o número de celebracións aumentara moito desde aquel primeiro aniversario no Strongroom Bar de Londres. De feito, necesitou un mapa mundial para visualizalas todas.
16º aniversario de OSM en Kabul, AfganistánFeye Andal ( @dfeyeandal ) mostra unha torta durante unha reunión en Manila que celebrou o 18º aniversario de OpenStreetMap. Crédito da foto: E. Olario
OpenStreetMap é o maior proxecto xeoespacial de código aberto e producido por de forma colectiva de todos os tempos. Hai 18 seccións OSM establecidas formalmente en cinco continentes e ducias máis de comunidades locais, que colaboran en centos de canles de comunicación en máis de 50 idiomas en case todos os países do mundo. O mapa e os seus datos son agora unha fonte xeoespacial mundialmente recoñecida. A API é utilizada por millóns de persoas e a comunidade está motivada, é polivalente e diversa cultural e xeográficamente. OSM mesmo acolleu ó seu primeiro enxeñeiro de estabilidade remunerado hai un ano en recoñecemento ó tamaño e alcance do proxecto.
Crédito da imaxe: Kate Varfolomeyeva, 2023
Para ter unha idea aínda mellor do que OSM significa para a súa comunidade en 2023, pedimos ós e ás membros da comunidade que nos digan por que lles encanta OSM. Aquí tes só algunhas das moitas respostas:
Crédito da imaxe: Kate Varfolomeyeva, 2023
Entón, podes ver por que este é un momento importante para OpenStreetMap. Dentro dun ano, o proxecto cumprirá vinte anos: os seus datos están a axudar a resolver algúns dos retos máis urxentes do mundo, hai unha nova tecnoloxía que facilita a cartografía e o entusiasmo pola cartografía é máis forte ca nunca.
Para afrontar estes desafíos e oportunidades, o consello da Fundación OSM está a traballar nun plan estratéxico que pode axudar a apoiar a nosa comunidade de voluntarios en constante crecemento, financiando estratexicamente habilidades como xestión de proxectos, enxeñería, desenvolvemento front-end e ofrecendo recompensas e patrocinio para contribuír a fomentar un mapa diverso e inclusivo para todas as persoas.
É por iso que agora é o momento de compartir o teu tempo e diñeiro para axudar a protexer o futuro de OpenStreetMap.
É o aniversario de OSM! Por favor, doa para apoiar o seu futuro
A partir de hoxe, a OSMF organizará unha campaña de recadación de fondos en liña para apoiar o futuro de OSM. Aquí tes o que podes facer para axudar:
Publica e comparte a túa celebración do aniversario de OSM cunha chamada a doar: podes facer unha foto da túa festa e usar o hashtag #HappyBirthdayOSM e/ou #WeAreOSM e enlaza a https://donate.openstreetmap.org .
Fai un agasallo de calquera tamaño para o futuro de OSM. Ó apoiar a OSM con agasallos de todo o mundo, mostramos a forza e a inclusión da nosa comunidade global.
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ao ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.