Feliz aniversario, OpenStreetMap

OSM fai 19 anos e estamos lanzando unha campaña de recadación de fondos para apoiar o seu futuro

Hai 19 anos, o fundador de OSM, Steve Coast, publicou este convite para a festa do primeiro aniversario de OpenStreetmap.

En 2005, as cousas estaban movéndose moi rapidamente para OpenStreetMap. O movemento máis amplo de datos abertos estaba alcanzando todo o seu impulso con reunións como o Cumio Mundial sobre Infraestruturas de Información Libre (WSFII), campañas de compromiso para a creación de xeodatos abertos ou difusión en grandes medios como este artigo en The Guardian. Xusto despois da súa primeira festa de aniversario en agosto, a interface de OSM lanzouse en OSM.org. Pouco despois, tamén se lanzou un novo Applet “xenial” para “substituír o horrible vello“.

En 2006, as integrantes de OSM estaban xa mapeando todo o mundo:

A tradición do aniversario da OSM

Cando OpenStreetMap cumpriu dez anos en 2014, o número de celebracións aumentara moito desde aquel primeiro aniversario no Strongroom Bar de Londres. De feito, necesitou un mapa mundial para visualizalas todas.

Na sección “Aniversarios” da wiki de OSM, hai un tesouro de fotos e subtítulos das moitas, moitas festas de aniversario dos mapas de OSM.

Se esta semana celebras o 19º aniversario de OSM, asegúrate de compartir algunhas fotos. 🎂

Entón, que aspecto ten OSM ós 19 anos?

OpenStreetMap é o maior proxecto xeoespacial de código aberto e producido por de forma colectiva de todos os tempos. Hai 18 seccións OSM establecidas formalmente en cinco continentes e ducias máis de comunidades locais, que colaboran en centos de canles de comunicación en máis de 50 idiomas en case todos os países do mundo.  O mapa e os seus datos son agora unha fonte xeoespacial mundialmente recoñecida. A API é utilizada por millóns de persoas e a comunidade está motivada, é polivalente e diversa cultural e xeográficamente. OSM mesmo acolleu ó seu primeiro enxeñeiro de estabilidade remunerado hai un ano en recoñecemento ó tamaño e alcance do proxecto.

Crédito da imaxe: Kate Varfolomeyeva, 2023

Para ter unha idea aínda mellor do que OSM significa para a súa comunidade en 2023, pedimos ós e ás membros da comunidade que nos digan por que lles encanta OSM. Aquí tes só algunhas das moitas respostas: 

Crédito da imaxe: Kate Varfolomeyeva, 2023

Entón, podes ver por que este é un momento importante para OpenStreetMap. Dentro dun ano, o proxecto cumprirá vinte anos: os seus datos están a axudar a resolver algúns dos retos máis urxentes do mundo, hai unha nova tecnoloxía que facilita a cartografía e o entusiasmo pola cartografía é máis forte ca nunca. 

Para afrontar estes desafíos e oportunidades, o consello da Fundación OSM está a traballar nun plan estratéxico que pode axudar a apoiar a nosa comunidade de voluntarios en constante crecemento, financiando estratexicamente habilidades como xestión de proxectos, enxeñería, desenvolvemento front-end e ofrecendo recompensas e patrocinio para contribuír a fomentar un mapa diverso e inclusivo para todas as persoas.  

É por iso que agora é o momento de compartir o teu tempo e diñeiro para axudar a protexer o futuro de OpenStreetMap.

É o aniversario de OSM! Por favor, doa para apoiar o seu futuro

A partir de hoxe, a OSMF organizará unha campaña de recadación de fondos en liña para apoiar o futuro de OSM. Aquí tes o que podes facer para axudar:

  1. Publica e comparte a túa celebración do aniversario de OSM cunha chamada a doar: podes facer unha foto da túa festa e usar o hashtag #HappyBirthdayOSM e/ou #WeAreOSM e enlaza a https://donate.openstreetmap.org . 
  2. Fai un agasallo de calquera tamaño para o futuro de OSM. Ó apoiar a OSM con agasallos de todo o mundo, mostramos a forza e a inclusión da nosa comunidade global. 
  3. Edita o mapa! 🗺

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeoespaciais gratuítos para que calquera poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, recibe o apoio financeiro das cotas de persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual sobre o Estado do mapa . Os nosos grupos de traballo voluntarios e un reducido persoal traballan para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap por só 18 € ao ano ou de balde se colaboras activamente en OpenStreetMap.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

This post is also available in: Inglés Francés Xaponés Español Ucraíno Chinés (Tradicional) Korean Arabic