Monthly Archives: October 2021

Á busca de xente que modere as listas de correo de OSM!

En decembro, o Consello da Fundación OpenStreetMap (OSMF) pediu axuda para establecer un equipo de moderación para o OSMF-talk e as listasxes de correo de conversa. Esta tarefa foi derivada ó Grupo de traballo de seccións locais e comunidades (LCCWG) quen estableceu posteriormente un subcomité de moderación para dirixir este traballo.

Durante os últimos 9 meses, este subcomité liderou os esforzos de revisar as directrices de etiqueta e o proceso de moderación pero vai ser traballo do equipo de moderación aplicar estas guías e continuar a definir as prácticas de moderación nos espazos de OSM.

Précisase voluntariado de todos os puntos da comunidade global de OpenStreetMap para formar parte deste grupo de moderación e liderar os esforzos para manter as listas seguras, acolledoras e inclusivas. Quen modere axudará a guiar os temas das conversas e fomentará a comunicación efectiva e respectuosa tanto nas listas de correo como no OSMF-talk.

Tes interese? Enche este formulario e alguén do subcomité falará contigo. O obxectivo é ter o equipo preparado para as eleccións da OSMF, non o pospoñas (obxectivo: finais de outubro)!

Eleccións da OSMF 2021- Como presentar unha candidatura ó Consello

As persoas membros da Fundación OpenStreetMap votarán ó novo Consello en decembro.

Quen pode presentarse?

Calquera persoa física pode ser electa membro do Consello, sempre que:

  • sexa membro normal da Fundación OSM [1] (non teña membresía asociada [2]) e o fora durante os 180 días anteriores á Xunta Xeral (a data de inicio da membresía normal debe ser anterior ó 14 de xuño de 2021), e
  • teña a disposición a actuar como membro do Consello, e
  • non estea impedido pola lei.
[1] As persoas con membresía normal proporcionan un enderezo completo e poden votar todos os temas. O seu enderezo pode ser revelada ó resto de membros.
[2] As persoas con membresía asociada proporcionan unicamente o seu país de residencia - que podería tamén ser revelado ó resto de membros - e poden votar, pero non todos os temas. Ademais, non poden presentar a súa candidatura ó Consello.

Se queres coñecer o teu tipo de membresía (normal ou asociada), revisa a última mensaxe de aprobación ou novación ou envía un correo electrónico ó voluntariado do Grupo de traballo de membros a membership@osmfoundation.org

Cadeiras dispoñibles nesta elección

As eleccións ó Consello de 2021 elexirán 4 postos. Os de M. Maron, A. R. McCann, A. Mustard e G. Rischard. Tanto T. Knerr, JM Liotier como E. A. Villar continuarán no Consello.

Na actualidade o Consello está composto por sete postos e a participación é voluntaria.

Que é (e non é) o Consello, normas, responsabilidades e por que presentarse

Podes ler estas ligazóns na wiki de OSM.

Moito do traballo da Fundación está realizado polo voluntariado dos grupos de traballo e, se queres axudar á Fundación, tamén podes unirte a un deles.

Como presentarse

As auto-nominacións ó Consello abrirán o 16 de octubre de 2021 e poderás presentarte nesta páxina da wiki de OpenStreetMap: https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Foundation/AGM21/Election_to_Board#Candidates

Podes crear unha conta na wiki de OSM aquí e engadir o teu nome no cadro que se agregará na data prevista editando a páxina aquí (agarda até o 16 de outubro de 2021 para facelo).

Recursos sobre as eleccións de 2021 ó Consello Resources e sobre a Xunta Xeral Anual

As dúas principais páxinas onde pòdes atopar información sobre as eleccións de 2021 e a Xunta Xeral Anual son:

Wiki da OSM: https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Foundation/AGM21/Election_to_Board e

Sitio web da OSMF: https://www.osmfoundation.org/Annual_General_Meetings/2021

Como podes axudar?

Algunhas das persoas que son ou foron membros do Consello mencionaron que nunca pensaron en presentarse até que alguén lles fixo esa suxestión. É posible que desexes pensar se queres presentar a túa candidatura ó Consello ou facerlle esa suxestión a algúen.


Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

Para obter notificación das novas publicacións: Subscríbete ó feed RSS