Á busca de xente que modere as listas de correo de OSM!

En decembro, o Consello da Fundación OpenStreetMap (OSMF) pediu axuda para establecer un equipo de moderación para o OSMF-talk e as listasxes de correo de conversa. Esta tarefa foi derivada ó Grupo de traballo de seccións locais e comunidades (LCCWG) quen estableceu posteriormente un subcomité de moderación para dirixir este traballo.

Durante os últimos 9 meses, este subcomité liderou os esforzos de revisar as directrices de etiqueta e o proceso de moderación pero vai ser traballo do equipo de moderación aplicar estas guías e continuar a definir as prácticas de moderación nos espazos de OSM.

Précisase voluntariado de todos os puntos da comunidade global de OpenStreetMap para formar parte deste grupo de moderación e liderar os esforzos para manter as listas seguras, acolledoras e inclusivas. Quen modere axudará a guiar os temas das conversas e fomentará a comunicación efectiva e respectuosa tanto nas listas de correo como no OSMF-talk.

Tes interese? Enche este formulario e alguén do subcomité falará contigo. O obxectivo é ter o equipo preparado para as eleccións da OSMF, non o pospoñas (obxectivo: finais de outubro)!

This post is also available in: Inglés Francés Italiano Español Polaco