Monthly Archives: April 2021

Estado do Mapa 2022 – Aberta a convocatoria de sedes

A concocatoria de sedes para o Estado do Mapa 2022 xa está aberta!

https://wiki.openstreetmap.org/wiki/State_of_the_Map_2022/Call_for_venues

Le as guías e os criterios de selección na páxina da wiki de OSM e comeza a elaborar a túa solicitude para ser sede da conferencia o ano próximo. Crea un equipo, dálle forma a túa idea e envía a túa proposta especificando a túa cidade como anfitrioa para o SotM 2022!

Esta convocatoria anticipada dá maior flexibilidade nas datas a escoller para o 2022. Por favor, revisa cando son outros eventos relacionados con OpenStreetMap (como o FOSS4G ou o SotM local) para evitrar posibles enfrontamentos con outras conferencias importantes para a comunidade.

A data límite para as propostas de sedes do SotM 2022 é o 15 de agosto de 2021. A anfitrioa seleccionada será anunciada en outubro de 2021.

Precisas axuda? O grupo de traballo do SotM está dispoñible para calquera aclaración! A nosa recomendación é que contactes con nós en sotm@openstreetmap.org canto antes para poder ofrecer as indicacións necesarias.

O Comité organizativo do SotM

Rexístrate para recibir actualizacións e síguenos en @sotm!

Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

O Estado do Mapa é a conferencia anual internacional de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap é propietaria e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap e podes apoialo converténdote en membro. O Comité organizativo do Estado do Mapa é un dos nosos grupos de traballo de voluntarios.

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

Declaración conxunta de Quincy Morgan e o Consello da Fundación OpenStreetMap, sobre o desenvolvemento de iD

Despois de dous anos e medio desenvolvendo iD, Quincy desexa pasar o testigo por razóns persoais. En conxunto coa Fundación OpenStreetMap, deixará iD en boas mans. A Fundación está actualmente comezando o proceso de busca de alguén que o substitúa cunha consulta á comunidade de OSM sobre un posto pagado que sirva ás persoas usuarias de iD.

Para garantir a continuidade, Quincy formará parte dun grupo de traballo da Fundación OpenStreetMap. Un entorno privilexiado para transmitir os seus coñecementos mentres, quen o suceda, avanza no dominio de iD.

A Fundación OpenStreetMap mantén o seu compromiso total de apoio ó editor a través do cal o 80% das persoas contribúen na casa común de OpenStreetMap.

A Fundación ten que agradecer a Quincy o seu gran traballo en iD.

Celebramos a Terra e o espazo nos Mapas

Abril trae dous días de conmemoracións internacionais que ofrecen ideas divertidas para o cartografado. O Día da Terra o 22 de abril demostra o apoio á protección do medio ambiente e, un menos coñecido, o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados o día 12, que foi creado polas Nacións Unidas 50 anos despois do primeiro voo espacial tripulado de Yuri Gagarin.

Estas celebracións están ligadas de forma intrínseca na famosa imaxe do albor da Terra, que axudou a espertar a conciencia ambiental global que conduciu ó primeiro Día da Terra no ano 1970. O aumento da dispoñibilidade de imaxes de observación do planeta desde isto ten axudado directamente a OpenStreetMap a ser o mapa global.

HAi unha chea de oportunidades de cartografar relacionadas co Día da Terra. Podes mapear areas naturais, reservas e parques, puntos de reciclaxe e outros moitos tipos de elementos no proxecto medioambiental de OSM.

Para o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados, inda que OSM non se encarga do espazo exterior (polo momento), podes mapear elementos terrestres relacionados cos voos espaciais como lugares de lanzamento, instalacións relacionadas co espazo, lugares históricos ou museos ou todas as cousas nomeadas polo espazo exterior.

Cartografar a Terra

O proxecto medioambiental de OSM ten grandes ideas, para o local e o global.

Podes botarlle unha ollada ás etiquetas e elementos relacionados coa reciclaxe ou ós contedores de reciclaxe públicos e centros de reciclaxe e ver se falta algún preto de ti.

Poderías axudar a cartografar o teu espazo verde favorito ou unha área natural, xa sexa silvestre, un parque ou doutro tipo. Os parques e reservas naturais están incluídos normalmente en boundary=protected_area, ou poderías probar a mapear os usos da terra, as zonas húmidas ou os estuarios. Tamén existen instalacións de enerxía limpa como as de enerxía eólica, hai algunha preto de ti sen cartografar? Outras ideas inclúen as rutas de ciclismo ou senderismo, ou podes buscar se existe algunha industria contaminante preto de ti que non estea aínda no mapa.

A lista de tarefas tamén inclúe proxectos de varias ONG relacionadas con temas ambientais, como o cartografado de lugares en risco polo cambio climático.

Podes tamén botarlle un ollo a localizacións relacionadas co medio ambiente: o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente ten a súa sede en Nairobi, a primeira folga escolar polo clima de Greta Thunberg tivo lugar no Parlamento sueco e mesmo hai un monumento do Día da Terra en Orlando (EUA).

Mapear os voos espaciais

Hai moitas opcións desde a terra para cartografar os voos espaciais! OSM ten etiquetas para portos espaciais e plataformas de lanzamento e a Wikipedia ten unha lista de lugares de lanzamento de foguetes que inclúe as coordenadas de lonxitude e a latitude. Hai portos espaciais arredor de todo o mundo tamén (via Overpass). Podes botar un ollo a algún nas túas proximidades para asegurarse de que todo está mapeado e etiquetado de forma correcta na súa contorna ou se falta algúns no mundo. (Asegúrate de seguir as normas locais de etiquetaxe.)

Tamén podes asegurarte de que os planetarios e os museos espaciais próximos a ti están cartografados.

E hai moitos lugares divertidos relacionados cos voos espaciais: por exemplo, a a escultura do foguete Fremont de Seattle (EUA) e bares como o Rocket de Londres (Reino Unido) ou de Jena (Alemaña).

E, por suposto, hai cousas relacionadas cos voos espaciais non humanos, como o incidente ovni en Roswell, New Mexico (EUA), onde está o Museo e Centro de Investigación Internacional de Ovnis, o o bosque Rendelsham onde aterran ovnis no Reino Unido e a torre de auga con forma de prato voador Nave do ET en Varginha, no Brasil.

Dinos o que estás a mapear e cóntanos nos próximos días que publicacións poderían ser interesantes para o blog de OSM.

Créditos das fotos:

Solpor da Terra: William Anders/NASA, dominio público Aeroxerador: © Hans Hillewaert / CC BY-SA 4.0 Transbordador espacial: NASA, dominio público Foguete Fremont: damnitgetmybeer/Mapillary, CC BY-SA 4.0

Petición de participación no subcomité de moderación

O voluntariado da comunidade OpenStreetMap estase a unir para mellorar a forma na que nos comunicamos nos espazos centrais e nós tamén queremos axudar! O subcomité de moderación do Grupo de traballo de seccións locais e comunidades convídavos a participar neste proceso.

O subcomité creou un espazo de traballo para axudar a comprender que tarefas se están a realizar e un plan de implementación que fai unha aproximación paso a paso, incluíndo como se pode participar e os diferentes tipos de contribución que as persoas membro da comunidade poden aportar.

Por favor, emprega uns minutos en compartir as túas ideas e calquera interese co proceso de participación a través deste formulario. Fai correr a voz! Por favor, comparte este formulario con calquera que poda ter interese. O fomulario pecha o 10 de abril de 2021. Moitas grazas!