A concocatoria de sedes para o Estado do Mapa 2022 xa está aberta!
https://wiki.openstreetmap.org/wiki/State_of_the_Map_2022/Call_for_venues
Le as guías e os criterios de selección na páxina da wiki de OSM e comeza a elaborar a túa solicitude para ser sede da conferencia o ano próximo. Crea un equipo, dálle forma a túa idea e envía a túa proposta especificando a túa cidade como anfitrioa para o SotM 2022!
Esta convocatoria anticipada dá maior flexibilidade nas datas a escoller para o 2022. Por favor, revisa cando son outros eventos relacionados con OpenStreetMap (como o FOSS4G ou o SotM local) para evitrar posibles enfrontamentos con outras conferencias importantes para a comunidade.
A data límite para as propostas de sedes do SotM 2022 é o 15 de agosto de 2021. A anfitrioa seleccionada será anunciada en outubro de 2021.
Precisas axuda? O grupo de traballo do SotM está dispoñible para calquera aclaración! A nosa recomendación é que contactes con nós en sotm@openstreetmap.org canto antes para poder ofrecer as indicacións necesarias.
O Comité organizativo do SotM
Rexístrate para recibir actualizacións e síguenos en @sotm!
Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]
O Estado do Mapa é a conferencia anual internacional de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap é propietaria e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap e podes apoialo converténdote en membro. O Comité organizativo do Estado do Mapa é un dos nosos grupos de traballo de voluntarios.
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.
This post is also available in: Inglés Francés Portugués (do Brasil) Español Chinés (Tradicional)