A primeira exposición virtual de pósteres no SotM 2020 foi un éxito. Moitas grazas a quen participou. Sobre esta base e cos principios que promove o Estado do Mapa, estamos encantados de escoitar e ver o que se fai con OpenStreetMap. Lanzamos o convite para participar co teu póster na exposición virtual do Estado do Mapa 2021.
O póster pode amosar o ben que está cartografada a túa rexión. Tamén pode ser un novo estilo ou un mapa bonitos. Pode estar centrado nun proxecto comunitario, de investigación académica ou estatística. Tamén pode ser un póster que explicativo ou que convide á xente a usar OpenStreetMap. Calquera cousa sobre ou relativa a OSM é benvida. Podes atopar inspiración consultando os pósteres do SotM 2020 – https://2020.stateofthemap.org/posters/
Normas de presentación
- O póster debe ter un tamaño A0 (841×1189 mm)
- O póster debe ter relación con OpenStreetMap
- O póster debe ser aberto, innovador e transparente (sen plaxiar)
- O póster debe ser un traballo propio (individual, de equipo ou dunha institución)
- O póster debe empregar unha licenza aberta (recomendamos CC-BY-SA 3.0, ou unha posterior, ou CC0 🙂 )
- O máximo é de 2 pósteres por persoa, equipo ou institución
Como entregalo
- Sube o teu póster a través de https://files.osmfoundation.org/s/QJ9ewPRdDscpwoo
- O tamaño máximo do arquivo é de 30-40 MB
- Formato: PDF
- Envía un correo electrónico a sotm@openstreetmap.org coa descripción do teu póster. Podes incluír, por exemplo, os antecedentes do proxecto ou aquilo que sería importante mencionar para poñelo en contexto. É dicir, todo aquilo que lle contarías a quen lle amoses o póster. Publicaremos esa descripción xunto co póster no sitio web do SotM.
- Menciona tamén neste correo o nome do arquivo que subiches para que poidamos saber cal é o teu.
Prazos
- Data límite: 27 de xuño de 2021
O equipo do SotM agarda preseleccionar 20 pósteres que será publicados no sitio web e noutras canles do SotM baixo licenza CC BY SA 3.0 (ou posterior).
O Comité organizativo do SotM
Rexístrate para recibir actualizacións e síguenos en @sotm!
Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]
O Estado do Mapa é a conferencia anual internacional de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap é propietaria e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap e podes apoialo converténdote en membro. O Comité organizativo do Estado do Mapa é un dos nosos grupos de traballo de voluntarios.
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.
This post is also available in: Inglés Francés Portugués (do Brasil) Ruso Español Lituano Chinés (Tradicional)