Declaración conxunta de Quincy Morgan e o Consello da Fundación OpenStreetMap, sobre o desenvolvemento de iD

Despois de dous anos e medio desenvolvendo iD, Quincy desexa pasar o testigo por razóns persoais. En conxunto coa Fundación OpenStreetMap, deixará iD en boas mans. A Fundación está actualmente comezando o proceso de busca de alguén que o substitúa cunha consulta á comunidade de OSM sobre un posto pagado que sirva ás persoas usuarias de iD.

Para garantir a continuidade, Quincy formará parte dun grupo de traballo da Fundación OpenStreetMap. Un entorno privilexiado para transmitir os seus coñecementos mentres, quen o suceda, avanza no dominio de iD.

A Fundación OpenStreetMap mantén o seu compromiso total de apoio ó editor a través do cal o 80% das persoas contribúen na casa común de OpenStreetMap.

A Fundación ten que agradecer a Quincy o seu gran traballo en iD.

This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Ruso Español Polaco Chinés (Tradicional)