Abril trae dous días de conmemoracións internacionais que ofrecen ideas divertidas para o cartografado. O Día da Terra o 22 de abril demostra o apoio á protección do medio ambiente e, un menos coñecido, o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados o día 12, que foi creado polas Nacións Unidas 50 anos despois do primeiro voo espacial tripulado de Yuri Gagarin.
Estas celebracións están ligadas de forma intrínseca na famosa imaxe do albor da Terra, que axudou a espertar a conciencia ambiental global que conduciu ó primeiro Día da Terra no ano 1970. O aumento da dispoñibilidade de imaxes de observación do planeta desde isto ten axudado directamente a OpenStreetMap a ser o mapa global.
HAi unha chea de oportunidades de cartografar relacionadas co Día da Terra. Podes mapear areas naturais, reservas e parques, puntos de reciclaxe e outros moitos tipos de elementos no proxecto medioambiental de OSM.
Para o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados, inda que OSM non se encarga do espazo exterior (polo momento), podes mapear elementos terrestres relacionados cos voos espaciais como lugares de lanzamento, instalacións relacionadas co espazo, lugares históricos ou museos ou todas as cousas nomeadas polo espazo exterior.
Cartografar a Terra
O proxecto medioambiental de OSM ten grandes ideas, para o local e o global.
Podes botarlle unha ollada ás etiquetas e elementos relacionados coa reciclaxe ou ós contedores de reciclaxe públicos e centros de reciclaxe e ver se falta algún preto de ti.
Poderías axudar a cartografar o teu espazo verde favorito ou unha área natural, xa sexa silvestre, un parque ou doutro tipo. Os parques e reservas naturais están incluídos normalmente en boundary=protected_area, ou poderías probar a mapear os usos da terra, as zonas húmidas ou os estuarios. Tamén existen instalacións de enerxía limpa como as de enerxía eólica, hai algunha preto de ti sen cartografar? Outras ideas inclúen as rutas de ciclismo ou senderismo, ou podes buscar se existe algunha industria contaminante preto de ti que non estea aínda no mapa.
A lista de tarefas tamén inclúe proxectos de varias ONG relacionadas con temas ambientais, como o cartografado de lugares en risco polo cambio climático.
Podes tamén botarlle un ollo a localizacións relacionadas co medio ambiente: o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente ten a súa sede en Nairobi, a primeira folga escolar polo clima de Greta Thunberg tivo lugar no Parlamento sueco e mesmo hai un monumento do Día da Terra en Orlando (EUA).
Mapear os voos espaciais
Hai moitas opcións desde a terra para cartografar os voos espaciais! OSM ten etiquetas para portos espaciais e plataformas de lanzamento e a Wikipedia ten unha lista de lugares de lanzamento de foguetes que inclúe as coordenadas de lonxitude e a latitude. Hai portos espaciais arredor de todo o mundo tamén (via Overpass). Podes botar un ollo a algún nas túas proximidades para asegurarse de que todo está mapeado e etiquetado de forma correcta na súa contorna ou se falta algúns no mundo. (Asegúrate de seguir as normas locais de etiquetaxe.)
Tamén podes asegurarte de que os planetarios e os museos espaciais próximos a ti están cartografados.
E hai moitos lugares divertidos relacionados cos voos espaciais: por exemplo, a a escultura do foguete Fremont de Seattle (EUA) e bares como o Rocket de Londres (Reino Unido) ou de Jena (Alemaña).
E, por suposto, hai cousas relacionadas cos voos espaciais non humanos, como o incidente ovni en Roswell, New Mexico (EUA), onde está o Museo e Centro de Investigación Internacional de Ovnis, o o bosque Rendelsham onde aterran ovnis no Reino Unido e a torre de auga con forma de prato voador Nave do ET en Varginha, no Brasil.
Dinos o que estás a mapear e cóntanos nos próximos días que publicacións poderían ser interesantes para o blog de OSM.
Créditos das fotos:
Solpor da Terra: William Anders/NASA, dominio público Aeroxerador: © Hans Hillewaert / CC BY-SA 4.0 Transbordador espacial: NASA, dominio público Foguete Fremont: damnitgetmybeer/Mapillary, CC BY-SA 4.0