A OpenStreetMap e ás comunidades da Fundación OSM:
Transmito a seguinte información en nome do Consello de Administración da Fundación OpenStreetMap.
Como resultado da actual controversia sobre linguaxe misóxina na lista de correo osmf-talk, a decisión do Consello é a seguinte:
O Consello atopará persoas socias para axudar na creación dun equipo de moderación para as listas de correo da OSMF. Estas persoas moderadoras precisan ter a confianza da comunidade no que respecta á moderación (consentimento dos gobernados) por algún tipo de mecanismo de aprobación.
Este equipo de moderación comezará a traballar na implementación das directrices actuais de etiqueta o antes posible. Tamén comezaremos a traballar na actualización / substitución das nosas regras de etiqueta, que deberían centrarse en equilibrar os intereses de calquera que participe.
Pedímoslle ao Grupo de traballo de capítulos e comunidades locais (LCCWG) que tomase o liderado neste sentido e que traballase con quen asinou a carta aberta ao Consello, así como cos membros do Comité Especial de Diversidade e Inclusión, para desenvolver propostas que o Consello poderá revisar na súa reunión de xaneiro. O grupo de traballo aceptou esta tarefa. Este número aparecerá na orde do día da reunión do Consello de Administración de xaneiro, a hora e data exactas aínda están por determinar, aínda que como é habitual publicarase no portal web da Fundación con bastante antelación.
As persoas que formamos parte da comunidade OSM son, como sempre, benvidos a compartir as súas opinións e calquera información relevante sobre este asunto, ben publicamente a través de osmf-talk, ou de forma privada en comunicacións directas co LCCWG. Síntome na obriga de lembrar a todos os membros da comunidade que desde xuño de 2011 existe un Código de Etiqueta e se vixía o seu cumprimento por toda a comunidade.
Un cordial saúdo,
Allan Mustard
This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Portugués (do Brasil) Español Polaco