O aniversario de OpenStreetMap pérdese no comezo dos tempos. A celebración do aniversario da creación de OpenStreetMap acontece arredor do 9 de agosto, día no que foi rexistrado o nome de dominio OpenStreetMap.org. A idea de OpenStreetMap é anterior ó rexistro deste nome de dominio mais esta data é a máis acaída para o aniversario.
Este ano o aniversario ímolo celebrar o 10 de agosto!
E se fas unha festa polo aniversario de OSM?
Como organizar a túa celebración de aniversario comunitaria:
- Contacta con outras persoas usuarias de OSM da túa zona e falade entre vós. Decidide o que queredes.
- Pode ser tan grande ou tan pequena como ti queiras. Hai quen queda para beber ou comer algo e outros organizan un evento máis grande. Depende das posibilidades que se teñan.
- Convida a nova xente! É unha forma ideal de dar a coñecer OSM. Promociona o teu evento.
- Podes facer ou encargar unha torta. Mira estes exemplos de pasteis de OSM de anos pasados nos que te podes inspirar. Non esquezas a atribución.
- Se fas fotos, podes compartilas no wiki de OSM.
- Edita esta páxina no wiki cos detalles do teu evento.
- Lémbrate do principio básico de OSM: goza!
Se a edición da wiki non é o teu, podes enviar un correo electrónico a comunication@osmfundation.org cos detalles do evento e nós engadiremos os datos do teu evento.
Xa hai eventos organizados en Xapón, Bielorrusia, Alemaña e nos EUA. Participa!
Queres traducir artigos en inglés de OSM ao teu idioma? Envíanos un correo electrónico ó enderezo comunication@osmfundation.org co asunto: Helping with translations in [o teu idioma]
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.