Monthly Archives: December 2024

Sovereign Tech Fund inviste en OpenStreetMap

Estamos encantadas de anunciar que a Fundación OpenStreetMap foi seleccionada pola Sovereign Tech Agency para un acordo de servizos polo importe de 384.000 € durante dous anos para garantir a estabilidade, o crecemento e a modernización do software principal de OpenStreetMap.

O Sovereign Tech Fund, un programa da recentemente creada Sovereign Tech Agency, inviste no desenvolvemento, mellora e mantemento de tecnoloxías base dixitais e abertas en todo o mundo. OpenStreetMap é unha iniciativa global, colaborativa e de código aberto, que ofrece datos xeoespaciais vitais para uso público, para servizos do sector privado, para a resposta humanitaria e un número incrible doutras aplicacións. OSM converteuse na infraestrutura global de datos de mapas dixitais.

O traballo encomendado centrarase na actualización e modernización do código aos estándares actuais e na mellora das contribucións das persoas voluntarias coa mellora da documentación e a infraestrutura de probas. Tamén identificará formas en que a infraestrutura principal de OSM pode mellorar, incluíndo estudos prospectivas en temas potenciais como a resposta ao vandalismo ou novas formas de interactuar cos datos de OSM.

Como resultado deste contrato, OSMF creará dous novos postos. O primeiro que se contratará será un rol facilitador do desenvolvemento do software principal de OSM. Axudará a coordinar ao crecente equipo de persoas desenvolvedoras do software principal OpenStreetMap e a organizar o seu traballo, a establecer un espazo para que a comunidade contribúa de forma produtiva e a garantir unha boa comunicación entre a comunidade.

Revisa este espazo para buscar a oferta de traballo a principios de xaneiro e considera postular ou compartilo cunha boa persoa candidata.

A xunta da OSMF agradece á Sovereign Tech Agency o seu investimento nun momento crítico de crecemento de OpenStreetMap.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.

Meta contribúe con 178.000 € a OpenStreetMap

A xunta da Fundación OpenStreetMap está encantada de anunciar que Meta fixo unha importante contribución de 178.710 euros para apoiar a comunidade e a infraestrutura principal de OpenStreetMap. Este financiamento fundamental está dirixido ás operacións e infraestruturas de OSM e axuda a unir á comunidade OSM en todo o mundo.

A maior parte destes fondos destinarase a satisfacer a crecente demanda de persoas usuarias e datos, a mellorar a nosa infraestrutura técnica e ao desenvolvemento de software. Unha parte dos fondos xa se despregou para patrocinar o Estado do Mapa en Nairobi e máis de media ducia de eventos rexionais e locais de OSM en todo o mundo. Meta pasa a ser membro corporativo Platinum, un compromiso con OSM nos próximos anos.

Meta contribúe e participa en OSM de diversas maneiras. Os seus editores concentráronse especialmente na detección e corrección de erros e actos vandálicos. Meta desenvolve o editor Rapid para permitir a creación de cartografía asistida por intelixencia artificial. A plataforma Mapillary de Meta recolleu e puxo a disposición imaxes a nivel de rúa para OSM durante anos, un recurso oim valioso para mapear. Recentemente, Meta centrouse nos mapas peonís, involucrando á comunidade OSM para mellorar os datos como as beirarrúas e os pasos de peóns.

A xunta da OSMF agradece a doazón de Meta e as moitas contribucións a OpenStreetMap.

O OSMF acolle o apoio en especie, así como o apoio financeiro para o desenvolvemento técnico, as operacións e a comunidade de OSM:

A Fundación OpenStreetMap  é unha organización sen ánimo de lucro, creada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Adícase a fomentar o crecemento, o desenvolvemento e a distribución de datos xeoespaciais de balde para que calquera poida empregalos e compartilos. A OpenStreetMap Foundation posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, é apoiada financeiramente polas cotas das persoas asociadas e das doazóns e organiza a conferencia internacional anual do Estado do mapa. Os nosos grupos de traballo voluntarios e un persoal moi reducido son o soporte principal para o proxecto OpenStreetMap. Únete á Fundación OpenStreetMap  por só 18 € ao ano ou de balde se colaboradoras activamente de OpenStreetMap.

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Mikel.