Monthly Archives: July 2020

ÖPNVKarte, unha nova capa destacada en www.openstreetmap.org

ÖPNVKarte, unha nova capa destacada en osm.org. Teselas cortesía de MeMoMaps.

OpenStreetMap.org ten agora unha nova capa destacada que amosa datos enriquecidos de diversas rutas: ÖPNVKarte.

ÖPNVKarte é un mapa de transporte público que amosa rutas de transporte público de trens, tranvías, ferrocarrís lixeiros, autobuses, transbordadores, metro e tamén puntos de interese para viaxeiros do transporte público. Melchior Moos, o creador da capa, espera que a inclusión no sitio global “axude e premie ós mapas de todo o mundo facendo máis visibles os seus esforzos de mapeo de transporte público”.

A lenda do mapa ÖPNVKarte pode atoparse no portal web de ÖPNVKarte https://öpnvkarte.de (e tamén en OpenBusMap.org). Para os que se preguntan polo nome, provén do alemán para “mapa de transporte público”.

ÖPNVKarte está xa despregada en: openstreetmap.de, openstreetmap.no, Mappa-Mercia, Facilmap , OSM inspector e nalgunhas aplicacións móbiles.

A capa ÖPNVKarte é unha capa adicional ás outras capas destacadas:

  • Estándar(OpenStreetMap Carto), é a capa por defecto de osm.org,
  • Ciclista(teselas cortesía de Andy Allan),
  • Medios de transporte(teselas cortesía de Andy Allan) e
  • Humanitario (teselas de HOT OSM, hospedada por OSM Francia)

O Grupo de traballo de operacións de OSM está interesado en novas capas destacadas que poñen de relevo diferentes aspectos de OpenStreetMap e podes ler aquí os criterios.

O Grupo de traballo de operacións de OpenStreetMap

Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

O Grupo de traballo de operacións é un dos Grupos de traballo de voluntariado da Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

Unha nova licenza para as teselas do estilo estándar de openstreetmap.org

Un dos produtos importantes da comunidade OpenStreetMap é a capa de mapas de estilo estándar en openstreetmap.org. Esta ten licenza CC BY-SA 2.0 practicamente desde a súa creación. Nese momento, os datos de OpenStreetMap tiñan licenza neses mesmos termos, sen embargo, hai 8 anos cando cambiamos a licenza de datos a ODbL 1.0, pero non cambiamos a licenza das teselas deixándoa tal e como estaba.

Co paso dos anos, este provocou unha situación na que o uso das teselas (as imaxes individuais que forman o mapa mque se amosa) estivo suxeito máis a restricións legais das necesarias e inhibiu o uso de imaxes en moitos proxectos o que non debería de ter sido así. O absurdo desta situación pode ser máis evidente se consideramos que se pode tomar o estilo do mapa con licenza CC0 e os datos de OSM e producir as mesmas imaxes só quedando restrinxido polos termos do ODbL para obras derivadas.

Durante moitos anos estivo claro que a situación era insostible e creaba friccións con terceiros (por exemplo, con PLOS One) sen motivo polo que deberíamos pasar a unha licenza só de atribución. Non obstante, a pregunta principal para a cal o Grupo de traballo de licenzas non tiña resposta foi: “que licenza deberían ter as teselas no futuro?”. Dado que as licenzas son dez centavos por cada ducia, isto non suporía un problema, sen embargo, fóra das licenzas usadas por organismos gobernamentais (é dicir, OGL e derivados), non hai unha licenza popular e recoñecida de “só atribución” xa en uso e queriamos evitar crear a nosa sempre que fose posible.

En 2019 presentamos ó consello da Fundación OpenStreetMap cunha proposta para cambiar á licenza CC BY 4.0 xunto cunha renuncia a eses termos que van máis aló da exixencia da atribución. O noso razoamento foi que sería preferible empregar unha etiqueta coñecida e renunciaríamos a termos que tanto os licenciatarios como os licenciantes polo normal ignoran, polo que aínda que non se entendesen as complicidades legais, as cousas sairían ben.

A proposta nin sequera fora discutida polo consello cando se atopou coa oposición masiva da comunidade. Aínda que o Grupo de traballo de licenzas cre que o razoamento da oposición é incorrecto, remitimos a proposta ao consello a principios deste ano, esta vez simplemente afirmando que as teselas deberían ser licenciadas como unha obra derivada ODbL sen termos adicionais. Isto xa fora discutido como unha alternativa e parece ser unha solución ben aceptada para o problema. O texto legal relevante pódese atopar no 4.3 do ODbL https://opendatacommons.org/licenses/odbl/1-0/index.html e esencialmente só require a atribución de forma adecuada.

O mes pasado o consello aceptou a proposta e puxo a estrada en vigor da nova licenza para o 1 de xullo de 2020. Se ben poderemos cambiar o texto na versión inglesa da páxina “Dereitos de autoría” de openstreetmap.org, as traducións aínda tardarán un pouco e pedimos paciencia a todos ata que todo se adapte.

Simon Poole do Grupo de traballo de licenzas


Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

Cara á resolución das controversias relacionadas con iD

O Consello de Administración da Fundación OpenStreetMap trata de resolver as controversias surxidas periódicamente en torno ás actualizacións e melloras do editor iD. Esperamos que esta solicitude de comentarios conduza á adopción de estruturas comunitarias que non respondan ó Consello ou sexan influenciadas por ela, de acordo coa filosofía de OSM: o Consello apoia a OSM mais non lle di a ninguén que debe mapear ou como debe facelo. Pedimos que se fagan comentarios na lista de correo de OSM-talk (rexístrate en OSM-talk) ou, se es membro de OSMF, na lista de correo de OSMF (rexístrate en OSMF-talk).

Suxestións e recomendacións da OSMF para a xestión de iD

iD é o editor web predeterminado sinxelo e amigable de OpenStreetMap, un software de importancia central para o proxecto. Hai moita paixón polo seu desenvolvemento e iso ás veces parece converterse nun problema.

O Consello da OSMF convocou recentemente unha pequena reunión para falar de como mellorar o ambiente de desenvolvemento de iD. Se ben é certo que houbo momentos en que as decisións importantes sobre iD provocaron conflitos, a gran maioría dos debates sobre o seu desenvolvemento non se polarizan e son produtivos. O encontro centrouse nas áreas clave nas que xorden problemas (a maioría das veces, pero non só, na etiquetaxe) e en formas de permitir o desacordo e resolucións construtivas sen que desenboquen en polémicas que prexudican ó proxecto.

Esencialmente, as persoas encargadas de manter o iD precisan dun espazo produtivo para desenvolver o seu traballo; deberían escoitarse aos e ás contribuíntes, ás persoas usuarias e interesadas; o proceso de toma de decisións debe ser comprendido e respectado; e as disputas deben ter unha forma de escalar e de se resolver.

Non hai solución técnica para este tipo de situacións. O que se require é un proceso e organización. Para tal efecto, a continuación amósanse varias suxestións e recomendacións do Consello da OSMF que o proxecto de iD pode considerar apoiar e adoptar. Agardamos que o proxecto iD atope estas suxestións útiles e agardamos discutir o que soa factible e o que non.

OSMF establecerá un proceso de apelación

A OSMF está pensando seriamente en crear ou designar un organismo para resolver varios tipos de litixios tecnolóxicos, capaces de aproveitar coñecementos ad hoc para determinar o mellor camiño a seguir para a comunidade. Os proxectos de software poden optar por empregar este proceso de chamamento, non sería obrigatorio. Este proceso de apelación pode implicar simplemente a arbitraxe de desacordo entre distintas partes ou proxectos e axudar a atopar un acordo entre elas ou podería implicar tomar ou cancelar decisións. Este mecanismo está en discusión nun punto moi precoz e aínda por definir.

Se as decisións controvertidas non se puideran resolver directamente no marco do proxecto iD polas persoas responsables e as partes interesadas, entón a cuestión posería elevarse a este proceso de apelación.

O papel deste grupo certamente non sería obrigar ás e ós desenvolvedores a engadir certas funcións. Non obstante, de se lle formular preguntas, este podería asegurarse de que as novas funcións engadidas (por exemplo, as preestablecidas, as normas de validación ou a inclusión de servizos externos) se axustan a unha opinión de consenso.

Se isto parece xa moi útil nesta etapa, OSMF pide a iD que comparta as súas aportacións e expectativas para que o proceso sexa máis efectivo.

A OSMF apoiará o desenvolvemento de mellores sistemas de etiquetado de decisións, documentos sobre o status quo de iD e separación de asuntos

O único xeito de avaliar as etiquetas “correctas” é unha avaliación en profundidade das distintas fontes de documentación OSM: wiki, lista de correo de etiquetas, taginfo. Isto deixa as ferramentas de edición e consumo na posición de “decidir” sobre que etiquetas son apropiadas ou non para OpenStreetMap. Cando existe unha controversia, ó mellor trátase dunha distracción desafortunada e, no peor caso, o desenvolvemento pode acabar bloqueado. Para iso, a OSMF promove o desenvolvemento dunha mellor documentación, a toma de decisións e un proceso de curación de etiquetas. Se é necesario, a OSMF está preparada para axudar nestes esforzos con infraestruturas e outro apoio. Isto proporcionaría un maior grao de claridade ós e ás desenvolvedoras de ferramentas. Se se impugna unha acción realizada sobre presets en iD, o problema podería escalarse ó proceso de apelación descrito anteriormente.

Por parte de iD, mentres o traballo nos sistemas de etiquetaxe está en marcha, recomendamos engadir os detalles sobre o enfoque de status quo que iD adopta para tomar decisións en CONTRIBUTING.md. Está claro que iD aspira a absterse de tomar decisións sobre as etiquetas apropiadas para OpenStreetMap; máis ben, iD pretende representar a vista de consenso sobre etiquetas en presets. O “consenso” é actualmente subxectivo e o proxecto de iD apoia fortemente (cremos, por favor, dío se cres que non é así) os esforzos en OSM para dar máis claridade ó desenvolvemento das etiquetas.

Pódense solicitar axustes preestablecidos en problemas e en PR (pull requests), así como unha discusión sobre o tema. O mantedor de iD resérvase o dereito a incluír ou excluír determinadas etiquetas / presets por motivos técnicos ou de usabilidade, aínda que o obxectivo é evitar curar etiquetas e tomar decisións sobre o mérito das etiquetas en xeral. Se parece haber consenso, baseado na avaliación da documentación de orixe e se atende a outra necesidade, aceptaranse os presets. Se non hai un consenso claro, a predefinida (ou regra de validación etc.) non será aceptada.

Formalizar reunións de planificación trimestrais e publicar anotacións e tempos de sincronización quincenalmente

OSMF recoméndalle a iD a celebración dunha videoreunión trimestral (máis ou menos) con partes interesadas de iD. Esta reunión é unha oportunidade para saír do traballo cotián de iD e asegurarse de que o todo vai polo bo camiño. A axenda sería unha avaliación do desenvolvemento durante o último trimestre, a discusión dos requisitos e as necesidades prioritarias e fixar plans para o próximo trimestre e os seguintes. Ademais, se as decisións ou temas se mostraron difíciles ou disputados no último trimestre, este é un momento para a discusión directa. A acta da reunión sería distribuída.

Ademais, iD celebra sincronizacións quincenais, pero non son moi coñecidas. iD podería promover estas sincronizacións quincenais anunciándoas en canles adicionais, incluído https://ideditor.blog/; e asegurarse de que as notas destas sincronizacións sexan visibles e accesibles.

iD pode mellorar a claridade na toma de decisións e na comunicación

Recomendamos que en CONTRIBUTING.md os administradores de iD engadan unha nova sección que explique como se toman decisións en iD. Algúns puntos aquí expostos están condicionados a adoptar outras recomendacións. A nova sección explicaría o seguinte.

  • Hai moitos lugares para discutir e contribuír ao desenvolvemento de iD: problemas de GitHub e PR, as sincronizacións mensuais, reunións de planificación trimestral e como resposta aos anuncios en https://ideditor.blog/.
  • As e os desenvolvedores de iD comprometéronse a ser sensibles e transparentes. De xeito predeterminado, os e as mantedoras de iDs determinan a secuencia e o calendario de correccións, cambios e melloras para optimizar o traballo técnico.
  • Convite dos e das interesadas a unirse ó proceso de “proba de aceptación”, onde se solicitan e xestionan comentarios sobre as versións durante un período de tempo delimitado.
  • A decisión final sobre a aceptación de PR é co mantedor de iD, Quincy Morgan.
  • Se hai unha disputa sobre unha decisión, será escalada á reunión trimestral de planificación e / ou a un proceso de apelación xestionado dentro da Fundación OSM.

Ademais, recomendamos que iD publique unha folla de ruta e actualice regularmente o estado das versións principais de iD. Os plans de iD3 compartíronse por última vez no SotM EUA. O enfoque cambiou, con máis foco nunha IU actualizada e máis esforzos iterativos na composición. Sería bo ter unha idea clara de onde están as cousas e a onde van (tanto como esté de claro agora) e especialmente onde se precisa axuda para poder impulsar este importante esforzo.

Documentar como se manexa o Código de Conduta

iD ten un Código de Conduta iD ten un código de conduta pero carece de detalles sobre como denunciar un incidente nocivo no ambiente de desenvolvemento de iD e como se adxudican os informes. Anteriormente as queixas sobre o Código de Conduta abordábanse abertamente como problema en GitHub, pero os mantedores dirixiron a xente cara ao comité privado de OSM EUA. A claridade no proceso é igual de importante, se non máis, para que unha CoC poida ser útil para o proxecto. Se ese proceso non está ben definido, cómpre pensar, quizais dentro da reunión trimestral de planificación. A nosa recomendación é engadir unha sección sobre o proceso no Código de Conduta.

Allan Mustard
Presidente do Consello de Administración da Fundación OpenStreetMap

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.