Convocatoria para o deseño do logotipo do SotM 2022

Despois de dúas exitosas edicións en liña do State of the Map, a conferencia será realizada en Italia. Os días 19, 20 e 21 de agosto celebrarase o SotM 2022 en Florencia, unha das cidades máis fermosas de Italia.

A cara de cada evento é, por suposto, o seu logotipo: un elemento gráfico recoñecible que representa o espírito e o estado de ánimo da conferencia global dese ano. Por este motivo, necesitamos a axuda das mentes máis creativas da comunidade para crear un novo logotipo para o SotM 2022.

SotM Logo

O logotipo tamén é un elemento crucial para definir o deseño e as cores do sitio web oficial, así como o estilo do contido da conferencia en todas as plataformas OSM. Tamén se utilizará para a elaboración dos materiais promocionais do SotM (camisetas, adhesivos etc.) e facer que os mellores recordos da conferencia sexan inesquecibles.
Desde profesionais con experiencias até persoas novatas e entusiastas do deseño gráfico, calquera pode participar e compartir unha idea orixinal coa comunidade.

Normas do concurso

O deseño do logotipo debería de:

  • ser unha obra orixinal,
  • facer referencia a OpenStreetMap (OSM) e ó Estado do Mapa (SotM),
  • enfocarse no sentir de comunidade global e nos seus valores fundamentais,
  • ser facilmente recoñecible,
  • ter licenza aberta: CC BY SA ou similar,
  • ser presentado antes do domingo, 27 de febreiro de 2022 , ás 23:59 UTC

Como acceder

Remite a túa proposta de logotipo a través de correo electrónico co asunto “SotM 2022 logo proposal” a anisa.kuci@wikimedia.it, engade en copia (CC) a sotm@openstreetmap.org e anexa o arquivo do deseño en formato PNG xunto con outro formato escalable (como PDF ou SVG). 

Selección do logotipo gañador

As obras de arte enviadas serán revisadas polo grupo de traballo SotM e o logotipo gañador decidirase mediante votación. O logotipo oficial darase a coñecer a principios de marzo.
Estás a buscar inspiración? Bótalle un ollo ós logotipos de edicións anteriores do SotM – https://wiki.openstreetmap.org/wiki/State_of_the_Map. De ter algunha pregunta sobre a convocatoria, contacta libremente con nós a través do correo sotm@openstreetmap.org

O grupo de traballo do Estado do Mapa

Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

Estado do Mapa é a conferencia anual internacional de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap é propietaria e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap e podes apoialo converténdote en membro. O Comité organizativo do Estado do Mapa é un dos nosos grupos de traballo de voluntariado.

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

This post is also available in: Inglés Francés Español