Monthly Archives: January 2021

Enquisa á comunidade sobre as decisións do Consello de Administración da Fundación OSM no 2020 e asuntos de actualidade

Queres opinar sobre as decisións que tomou o Consello da Fundación OSM en 2020 e sobre asuntos de actualidade? A directiva preparou unha enquisa e pide a túa opinión para establecer prioridades.

Podes ver unha copia das preguntas en inglés aquí.

A enquisa está dispoñible en 16 linguas por agora. Imaxe por D. Kazazi, CC-BY-SA 3.0. Logo oficial de OSM por Ken Vermette, CC-BY-SA 3.0 e aplican os dereitos de marca.

Idiomas

Grazas ó voluntariado tradutor, a enquisa está dispoñible en dezaseis linguas polo momento:

Axuda coas traducións

Se tes interese en proporcionar unha tradución a un idioma que non figura na lista ou suxerir unha corrección nunha das traducións, envía un correo electrónico a allan@mustard.net

Se desexas axudar coas traducións de respostas non inglesas ó inglés, futuras enquisas ou artigos do blog, envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [idioma].

Práctica

  • É preciso proporcionar un enderezo de correo electrónico (onde recibir un token) e resolver unha ecuación para acceder á enquisa.
  • Hai 18 preguntas, a maioría de opción múltiple e obrigatorias.
  • Hai unha sección opcional con preguntas demográficas.
  • Hai varias seccións. Non se pode volver a sección anterior pero si é posible retomala máis tarde.
  • Ten en conta que as páxinas de información enlazadas na enquisa están en inglés. Please note that pages with background information linked from the survey are in English.

Comentarios

Hai unha discusión sobre a enquisa na lista de correo “talk”, onde agardamos os teus comentarios. Podes rexistrarte na lista de correo talk aquíe. Todas as mensaxes anteriores están dispoñibles aquí.

Privacidade

  • Le a política de privacidade de LimeSurvey.
  • Poden acceder ás respostas as persoas que conforman o consello actual e o persoal de administración quen procesará a información para o consello.
  • O enderezo de correo electrónico e os nomes (se se proporciona) de quen participa non serán publicados cando remate a enquisa.

Resultados

Os resultados xerais serán publicados cando remate a enquisa. As enquisas anteriores están dispoñibles aquí.

Data límite para participar: 14 de febreiro de 2021.

Aínda que non participes, agradecemos que difundas a enquisa.

Gaazas por adiantado 🙂

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.