Monthly Archives: February 2023

Convocatoria de voluntariado con habilidades de deseño e arte

Es unha persoa boa no deseño gráfico? Gústache debuxar, pintar ou facer fotografías? Debuxas cómics ou estás a crear unha novela gráfica no teu tempo libre? Tes formación en visualización de datos, tipografía e teoría da cor? Es esa persoa que garabatea no dorso de anacos de papel mentres as outras están a falar?

O Grupo de traballo de Comunicación (CWG, polas súas siglas en inglés) precisa de ti!

Buscamos engadir máis voluntarios ao CWG que nos axuden a engadir narracións visuais ao blog, ás redes sociais e a outras canles para apoiar os eventos de OSM, a recadación de fondos, os proxectos de desenvolvedores e outros proxectos.

O teu compromiso de tempo pode ser tan pouco como unhas poucas horas nun proxecto ata unha ou dúas horas á semana nun proxecto durante os próximos meses. É unha elección túa.

Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto “Visual Storytelling Team” e indícanos un pouco sobre cal é o teu interese, incluíndo calquera ligazón ao teu traballo que queiras compartir. Unha vez que teñamos unha idea de quen está interesado e que tipo de habilidades están dispoñibles, estableceremos unha lista de proxectos e un proceso para compartir solicitudes.

Pronto teremos moitos máis detalles!

A publicación orixinal en inglés foi escrita por Courtney Williamson.