Monthly Archives: July 2022

Anuncio de entradas e programación do SotM 2022

Petar Milošević, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

O Grupo de traballo do State of the Map comprácese de anunciar que as entradas e a programación xa están dispoñíbeis no sitio web do SotM 2022: https://2022.stateofthemap.org/programme/

Entradas
Os colaboradores e entusiastas do OSM xa poden mercar as entradas para asistir á conferencia do SotM de xeito presencial ou en liña, a través de https://2022.stateofthemap.org/tickets/

Hai dous xeitos diferentes de asistir este ano:

Entrada para Florencia
Este é a entrada para asistir á conferencia de xeito presencial en Florencia. Esta entrada inclúe comidas nos descansos da conferencia e eventos sociais. Se estás contribuíndo ao OpenStreetMap coma aficionado, podes escoller a Entrada da Comunidade con desconto. Do contrario, escolle unha entrada normal.

Entrada virtual
Esta é a entrada para asistir á conferencia de xeito online. Isto dará acceso ás xuntanzas da conferencia e a un chat para interactuar con outros participantes e permitirá enviar preguntas aos oradores durante as sesións de preguntas e respostas.

Entrada de reserva anticipada
Ofrecemos entradas de reserva anticipada a un prezo con desconto até o 1 de xullo do 2022 ás 23:59 UTC. O prezo normal da entrada aplicarase após esa data.

Programación (Sesións Xerais)
Agradecemos a todos os que enviaron a súa proposta para falar e organizar unha sesión no SotM 2022! Recibimos moitas propostas incríbeis e estamos encantados de compartir a primeira versión do noso programa de Sesións Xerais, agora accesíbel a través de https://2022.stateofthemap.org/programme/

Forneceremos actualizacións continuas sobre o programa (incluído o Programa de Sesións académicas).

Estade atentos para máis actualizacións sobre o State of the Map 2022!
Para calquera consulta, non dubides en porte en contacto connosco ensotm [at] openstreetmap.org ou únete á canle do Telegram para interactuar con outros asistentes á conferencia do SotM en https://t [dot] me/sotm2018

Vémonos en Florencia e online!
O Grupo de traballo do State of the Map

Queres traducir esta e outras publicacións do blogue á túa lingua…?   Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto:   Axuda coas traducións en [lingua].

A conferencia State of the Map é a conferencia internacional anual do OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen fins de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o Proxecto OpenStreetMap. Adícase a fomentar o crecemento, o desenvolvemento e a distribución de datos xeoespaciais de balde para que calquera poida empregalos e compartilos. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, e podes apoiala facéndote membro. O Comité Organizador do State of the Map é un dos nosos Grupos de Traballo voluntarios.

OpenStreetMap fundouse no 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa libre do mundo. Para facelo, nós, milleiros de voluntarios, recompilamos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis en todo o mundo.  Todos poden baixar os nosos datos de mapas de balde e empregalos para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certos elementos, calcular rutas, etc.  O OpenStreetMap emprégase cada vez máis cando se precisan mapas que se poden actualizar moi rápida ou doadamente.