Monthly Archives: September 2021

Únete ó Grupo de traballo de enxeñaría da OSMF para apoiar o ecosistema de persoas desenvolvedoras de OSM

Para apoiar o desenvolvemento do código aberto arredor de OpenStreetMap, a Fundación OSM Foundation creou recentemente o Grupo de traballo de enxeñaría (EWG). O grupo nace coa intención de apoiar os proxectos de software de códico aberto con financiación directa, programas de mentoría e a través dunha plataforma de coordinación.

Por que este grupo de traballo?

OpenStreetMap está baseado nun basto ecosistema de software de código aberto. Isto inclúe as ferramentas utilizadas polas persoas mapeadoras para ver e aportar datos, o software que impulsa os nosos servidores de bases de datos e o noso sitio web, as bibliotecas e os contornos empregados polas persoas desenvolvedoras para crear aplicacións orientadas a quen utiliza os datos de OSM e moitas outras aplicacións.

Os equipos de desenvolvemento crean este produtos de software son, polo xeral, entidades independentes separadas da Fundación OpenStreetMap (OSMF). Isto é por deseño: a comunidade OSM valora a fago-cracia e a descentralización, así que a OSMF non xestiona proxectos de software. Por contra, isto non significa que non haxa na Fundación intención de respaldar este ecosistema.

Que facemos?

O Grupo de traballo de enxeñaría (EWG) está encargado de:

  • O manexo do desenvolvemento de software pagado pola OSMF, o que inclúe a distribución de subvencións. Isto implicará a realización de convocatorias de propostas sobre tarefas de interese e a aceptación doutras propostas.
  • Brindar unha plataforma para a coordinación dos esforzos de desenvolvemento de software en todo o ecosistema de OSM. Queremos fomentar a estandarización e os esforzos compartidos entre proxectos reunindo ás persoas que desenvolven que teñen intereses semellantes. Este traballo tamén inclúe responder a correos electrónicos e poñer en contacto a unhas persoas con outras ou cos recursos axeitados.
  • Xestionar a participación de OSM en programas de titoría de software como Google Summer of Code, que axudan a medrar a comunidade de persoas desenvolvedoras de OSM.

Para manexar o desenvolvemento pagado, as “tarefas” inclúen o desenvolvemento de novas funcións, o mantemento do código, a documentación ou outras que melloran a experiencia de quen desenvolve. Cando estemos preparados para comezar a outorgar subvencións, alentaremos as solicitudes de persoas capacitadas que non sexan profesionais do sector, e tamén as de profesionais ou empresas.

A OSMF impulsou anteriormente proxectos de software a través de micro doazóns, así como por separado con fondos para Nominatim, osm2pgsql, Potlatch 2 e iD. Co EWG, este tipo de apoio será realizado sobre uns alicerces máis sólidos.

Na nosa primeira rolda, procuraremos proxectos que non precisen de moita xestión e centraremos a meirande parte dos nosos esforzos no software base. Ó igual que con todo o traballo pagado pola OSMF, aplicaranse os principios do marco de contratación.

A quen procuramos?

Como grupo que inicia, buscamos membros adicionais.

Damos a benvida especialmente a persoas con coñecementos sobre a tecnoloxía empregada nos sistemas chave de OSM, como o rails port, Ruby on Rails en xeral e a implementación cgimap da API principal de OSM, así como a aqueles que poden axudar en áreas como deseño da interface de usuario, que non están ben cubertas polos membros existentes.

Porén, non precisas coñecer ningunha tecnoloxía en particular para participar! Así que, se tes experiencia co ecosistema de software OSM, desenvolvendo software ou administrando o desenvolvemento de software, repara en unirte a nós!

Esta tradución foi realizada pola comunidade.


Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

Para obter notificación das novas publicacións: Subscríbete ó feed RSS



Funcionalidade do OpenStreetMap: RSS/Torrent para ficheiros do planeta

O OpenStreetMap son datos abertos, dispoñíbeis para todos de balde en https://planet.openstreetmap.org. Publicamos seis ficheiros grandes, cun total de 428 GB cada semana. Estes  ficheiros conteñen os datos completos do OpenStreetMap, incluídos os  ficheiros co historial completo do OSM.

Para que sexa máis doado compartir a tarefa da descarga destes  ficheiros, tamén fornecemos ficheiros BitTorrent, que permiten distribuir a carga entre varios servidores web e tamén empregar transferencias de ficheiros peer-to-peer.

Hai máis información dispoñíbel en:
 https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Planet.osm#BitTorrent_RSS.2FAtom_feed

Operations Working GroupMnalis

Traducción do inglés por openstreetmap galicia


A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.