Es unha persoa que contribúe de forma activa a OSM? Agora pódeste unir á Fundación OpenStreetMap

Datos do mapa de contribuidores/as de OpenStreetMap. Logo oficial de OSM de Ken Vermette, CC-BY-SA 3.0 e aplican os dereitos de marca. Imaxe de CWG CC BY-SA 2.0

Se contribúes de forma significativa ó proxecto OpenStreetMap, deberías ter voz na Fundación OpenStreetMap, que apoia o proxecto, e poder votar os e as membros do seu Consello de administración. Agora existe un xeito máis sinxelo e barato de se converter en membro da Fundación OpenStreetMap:

Os voluntarios do Grupo de traballo de membros da OSMF acaban de implementar un novo programa de adhesión para persoas que contrinbúen activamente, co que podes solicitar de forma fácil ser membro asociado da Fundación e que non precisa do pago da cota de afiliación.

Que podo facer como membro asociado da OSMF?

  • Podes votar ás persoas candidatas ó Consello nas eleccións.
  • Podes votar algúns temas durante as asembleas xerais (pero non todos).
  • Podes participar con outros e outras membros nas discusións na listaxe de correo da OSMF (se xa es membro da OSMF, rexístrate aquí; consulta o arquivo completo dispoñible).
    • A subscrición á listaxe de correo é opcional.
    • Tes a opción de recibir unha única comunicación diaria, que contén todos os correos electrónicos dese día.
    • Non dubides en enviar correos electrónicos no teu idioma 🙂
  • Poderás dicir con orgullo que es membro da OSMF 🙂

Como funciona?

Automáticamente concederemos a condición de membro asociado ós cartógrafos que o soliciten e que teñan contribuído polo menos 42 días naturais no último ano (365 días).

Non todo o mundo contribúe co mapeo, e algúns dos nomes máis familiares dos nosos membros apenas se mencionan nos mapas. Algunhas persoas están moi implicadas, por exemplo, na organización de conferencias. Tamén se recoñecen estas outras formas de contribución. Se o teu non é o cartografado, e non chegas a estes 42 días, esperamos que escribas un parágrafo ou dous sobre o que fas en OpenStreetMap. O Consello decidirá en votación a aprobación da túa solicitude.

Como podo saber cantos días de cartografía teño?

  • Podes obter unha estimación con ferramentas como Pascal Neis Como contribuíches, que debería ser o suficientemente precisa para a maioría dos casos.
  • Se tes uns bos coñecementos técnicos e queres comprobar os teus días de mapeo, usa a API de cambios de OSM para consultar as túas modificacións. A continuación, podes recoller todas as datas únicas nos atributos created_at dos conxuntos de cambios e contar cantos días únicos tes nos últimos 365 días.

Gustaríame converterme en membro a través do programa de persoas que contribúen activamente!

● Se cumpres o requisito da actividade de cartografado (polo menos 42 días de mapeo nos últimos 365 días), enche este formulario para obter a túa adhesión ó programa de persoas que contribúen activamente.

● Se cumpres os requisitos a partir doutras contribucións a OpenStreetMap, por favor, enche estoutro formulario e describe as túas actividades para obter a súa adhesión ó programa de persoas que contribúen activamente.
Ligazón xeral:
https://join.osmfoundation.org/active-contributor-membership/

Preguntas frecuentes

Que necesito aportar?

  • O teu nome.
  • O teu nome de usuario en OSM.
  • O estado no que resides.
  • O teu enderezo de correo electrónico (onde se enviarán as papeletas das votacións e que será o enderezo de correo electrónico asociado á participación na lista de correo dos membros da OSMF, se decides subscribirse)

Durante canto tempo será válida a adhesión?

De igual xeito que a adhesión de pago, a adhesión con exención da cota ten caracter anual. Recibirás un recordatorio e poderás solicitar a renovación, cun trámite similar á solicitude inicial. A comprobación da actividade de cartografado de polo menos 42 días naturais do último ano terá lugar no momento en que solicite a renovación ou, de ser o caso, o envío dun parágrafo ou dous sobre o que fai para OpenStreetMap.

Que máis necesito saber?

Por lei, calquera membro da OSMF pode inspeccionar o rexistro de membros (pedimos o propósito antes de envialo, e normalmente non está permitida a distribución por parte do destinatario). O programa ó abeiro ó que se uniu cada persoa non aparece na listaxe. Si están o nome, o estado, o correo electrónico e un dos nomes de usuario de OSM.

Por que existe este programa de adhesión para persoas que contribúen activamente?

Ó invitar a membros moi activos da comunidade a unirse á OSMF, facémonos máis resistentes ós intentos de absorción mediante inscricións masivas. Pensamos que, mesmo para os e as cartógrafas para os que as 15 libras da cota non son moitos cartos, estarían máis dispostos a unirse, se os convidamos a unha adhesión gratuíta polo seu bo traballo. Ademais, a contribución activa ó proxecto é máis fácil de avaliar que as dificultades financeiras e non require que o solicitante revele información persoal. A posible perda de ingresos de cotas individuais non é unha ameaza para a nosa estabilidade financeira. De feito, hai bastantes membros ós que lles gusta doar máis de 15 libras. Estas doazóns non teñen que estar vinculadas a ningún membro.

Por que 42 días de cartografado?

Os días de cartografado non son a medida perfecta, pero necesitamos un punto de referencia obxectivo, fácil de verificar e sinxelo de medir e implementar.
Por que 42 días? Se medimos as contribucións en cartografía en días dos membros da OSMF que mapean (o 83%), aproximadamente a metade deles superan estes 42 días ó ano. Agardaríamos unha achega “lixeiramente excepcional” en termos de cartografía.

42

Como se dividen os meus cambios en días para medir 42 días de mapeo

Para medir os días de cartografado utilízase a marca de tempo creada en cada conxunto de cambios. Normalmente, todos os cambios nun modificativo teñen a mesma marca de tempo. O día defínese en UTC desde a medianoite ata a medianoite seguinte.

Conta o cartografado pagado?

O programa de persoas que colaboran activamente está aí para avaliar o compromiso co proxecto. En primeiro lugar, cremos que o demostran as actividades dos voluntarios do proxecto. Se organizas ou realizas mapeado para OSM como parte do teu traballo remunerado, iso non é necesariamente un sinal de compromiso co proxecto. De xeito predeterminado, non incluiriamos estas actividades como elixibles para este tipo de adhesións. Pero non dubides en explicar as túas contribucións e o Consello avaliará o caso.

Pódese facer trampa?

Tamén contemplamos o abuso. Cando recibimos unha solicitude, contactamos coa(s) conta(s) de OpenStreetMap mencionada(s) a través do sistema de mensaxería de OSM para confirmar que son propiedade da persoa que solicitou a adhesión. Por suposto, pódense facer pequenas contribucións, como mover un único nodo durante 60 días, quizais pasar desapercibido e lograr a adhesión. Iso sería unha fraude e a adhesión podería ser revogada se o Grupo de traballo de membros da OSMF descobre que as contribucións non son importantes.


E o antigo programa de exención de cotas?

O programa de adhesión para persoas que contribúen activamente está a substituír o antigo programa de exención de cotas (iniciado en xaneiro de 2018), no que se eximía á cota de afiliación en casos de dificultades económicas ou falta de capacidade adecuada para a realización da transferencia de diñeiro. O cambio foi posible mediante unha votación durante a Asemblea Xeral anual de 2019. Tanto a regra da dificultade financeira como a de falta de transferencia de cartos adecuada serán eliminadas completamente porque, aínda hoxe, esperamos que alguén que cumpra esas regras amose algún tipo de contribución, polo que tamén podería ser elixible co novo programa.

Que outras opcións teño para ser membro?

Como antes, podes aínda converterte en persoa membro normal ou asociada da Fundación pagando a cota anual de afiliación de 15 libras.

As principais diferenzas entre persoas membro normais e asociadas son as seguintes:

  • As persoas membro normais teñen que proporcionar o seu enderezo de residencial completo.
  • As persoas membro normais poden votar todos os temas durante as asembleas xerais, mentres que as asociadas só se poden facelo nalgunhas cuestións.
  • As persoas membro normais poden ser candidatas ao Consello e converterse así en membros deste.

Pode cambiar o seu tipo de adhesión. Ponte en contacto co Grupo de traballo de membros (o enderezo de correo electrónico está máis abaixo) para obter máis información.

OpenStreetMap logo with magnifying glass, showing stick figures.
O logo do Grupo de traballo de membros, baseado no logo de OSM de Ken Vermette, CC-BY-SA 3.0 e aplican os dereitos de marca. Figuras de Pascal Neis, reproducidas con permiso.

Gustaríame axudar ás persoas voluntarias do Grupo de traballo de membros da OSMF!

Grazas 🙂 Necesitamos a túa axuda e podes marcar a diferenza uníndote ó Grupo de traballo de membros. Envíanos un correo electrónico a membership@osmfoundation.org

Como membro do Grupo de traballo, pode axudar a:

  • Administar o rexistro de membros.
  • Responder a preguntas de rutina, como que tipo de afiliación ten alguén (normal ou asociado) ou cando terá que renovala.
  • Axudar co traballo manual para emparellar as transferencias bancarias de membros para novas inscricións e renovacións.
  • Resolver outros problemas relacionados coa incrición ou a renovación. Se te unes ó Grupo de traballo, poderás participar tanto como queiras.

Teño outra pregunta!

Fálanos a membership@osmfoundation.org

Cute half-blobs with eyes, holding sticks with maps.
Imaxe de Tintao CC BY-SA 2.0, modificada.

Como encher os formularios:

Formulario de actividade cartográfica (con polo menos 42 días de cartografado nos últimos 365 días)

  1. Nome (obrigatorio)
  2. Apelidos (obrigatorio)
  3. Estado de residencia (obrigatorio)
  4. Enderezo de correo electrónico (obrigatorio)
  5. Nome de usuario de OpenStreetMap (obrigatorio). O nome de usuario de OpenStreetMap úsase para verificar que se cumpre o requisito de cartografado de 42 días nos últimos 365 días. Enviarase unha mensaxe á túa conta. Ten en conta que o teu nome de usuario distingue entre maiúsculas e minúsculas.
  6. Subscribirme á listaxe de correo OSMF-Talk. (Podes subscribirte ou desubscribirte manualmente). Subscribirme.

Para outras constribucións

  1. Nome (obrigatorio)
  2. Apelidos (obrigatorio)
  3. Estado de residencia (obrigatorio)
  4. Enderezo de correo electrónico (obrigatorio)
  5. Nome de usuario de OpenStreetMap (obrigatorio). O nome de usuario de OpenStreetMap úsase para verificar que se cumpre o requisito de cartografado de 42 días nos últimos 365 días. Enviarase unha mensaxe á túa conta. Ten en conta que o seu nome de usuario distingue entre maiúsculas e minúsculas.
  6. Subscribirme á listaxe de correo OSMF-Talk. (Podes subscribirte ou desubscribirte manualmente). Subscribirme.
  7. Comparte o alcance de como estás a contribuír a OpenStreetMap. (obrigatorio). Necesitamos algún xeito de verificar a túa contribución. Para iso, recomendámosche citar a membros da comunidade ou a organizacións coas que traballas e que conozan as túas contribucións.

Recibe os novos artigos: Subscríbete ó feed RSS!

Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.

TLDR
https://join.osmfoundation.org/active-contributor-membership/

This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Xaponés Portugués (de Portugal) Portugués (do Brasil) Ruso Español Polaco

One thought on “Es unha persoa que contribúe de forma activa a OSM? Agora pódeste unir á Fundación OpenStreetMap

  1. Pingback: Active OSM contributor? You can now easily join the OpenStreetMap Foundation | OpenStreetMap Blog

Comments are closed.