State of the Map 2020 – Convocatoria para o envío de pósteres

Envía hoxe o teu póster!

Partimos da cultura do anterior Estado do Mapa (State of the Map) e estamos encantados de ver o que se fixo cos datos de OpenStreetMap e, como o lema deste ano tamén é a “Arte do Mapa”, queremos ir máis alá. Por iso, estades convidados a participar na exposición de pósters para o Estado do Mapa virtual deste ano 2020.

O teu póster ben podería ser o cartograma da túa rexión cun bonito novo estilo ou un novo mapa. Pode estar centrado no proxecto da túa comunidade ou nas súas estatísticas para explicalo e achegar a máis persoas a el. Queremos que OSM sexa o tema principal. Tamén aceptamos pósters académicos sobre investigacións con datos de OpenStreetMap.

Precisas de máis inspiración? Bota un ollo ós pósters do 2019.

Normas de presentación

  • O póster debe ter tamaño A0 (841 × 1189 mm)
  • O póster debe estar relacionado con OSM
  • O póster debe ser aberto, innovador e transparente (sen copiar)
  • O póster debe estar baixo licenza aberta. Recomendamos CC-BY-SA 3.0, ou posterior, ou CC0 🙂
  • Máximo de dúas aportacións por persoa, equipo ou institución

Como participar

  • Carga o teu póster no wiki de OSM
  • O tamaño máximo do arquivo é 30-40 MB
  • Formato PDF
  • Por favor, envía un correo electrónico a sotm@openstreetmap.org cunha descrición do teu póster. Por exemplo, a intención do proxecto ou o que consideres importante para poñelo en contexto –todo o que dirías á xente se les amosases o póster–. Publicaremos este texto xunto co cartel na páxina do Estado do Mapa https://2020.stateofthemap.org/calls/posters/
  • Por favor, incorpora nesta mensaxe de correo tamén unha ligazón ó póster para que poidamos saber a cal corresponde

Prazos e datas límite

  • Inicio: 10 de maio de 2020
  • Data límite: 30 de xuño de 2020

O equipo do Estado do Mapa espera seleccionar sobre 20 pósters que se publicarán no noso portal web e nalgunhas outras canles do Estado do Mapa baixo CC BY SA 3.0 (ou posteriores).

O grupo de traballo do Estado do Mapa


Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]

A conferencia Estado do Mapa é a conferencia anual internacional de OpenStreetMap, organizada pola Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap é propietaria e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap e podes apoialo converténdote en membro. O Comité Organizador do Mapa é un dos nosos grupos de traballo de voluntarios.

OpenStreetMap foi fundada en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todos e usados ​​para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os seus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.

This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Portugués (do Brasil) Español Polaco