Unirse a OpenStreetMap Foundation require do pagamento dunha tarifa como persoa socia (15 libras ó ano e que é posible facer a través de PayPal ou mediante transferencia bancaria). Así é todo, se estás inmerso no proxecto OpenStreeMap e non podes pagar esta tarifa é posible pedir unha exención. Algúnhas persoas usuarias de OSM viven en estados baixo sanción ou embargo económico (e sen Paypal). Outras moran en lugares onde o custo dunha transferencia bancaria supera o valor da cota da Fundación. Tamén hai outras persoas que viven en circunstancias nas que esta tarifa por si mesma constituiría unha dificultade financeira persoal. Unha das principais razóns do programa de exención de cotas é o desexo de ser máis representativos entre as persoas mapeadoras de todo o mundo.
Para solucionar isto, foi creado o programa de exención de tarifas que, a quen reúna uns requisitos, lle será outorgada a condición de persoa socia da Fundación sen custo e suxeito á renovación anual.
Algunhas razóns para unirse a OSMF
Como persoa membro da Fundación, puedes influír na dirección futura do proxecto:
- coa túa participación nas discusións con outras persoas discusións entre membros e
- coa votación nas eleccións anuais da Fundación OSM para a xunta que dirixe o proxecto.
Sen ser membro podes editar OpenStreetMap, mediante a creación dunha conta gratuíta en https://www.openstreetmap.org e axudar á Fundación ó unirte a un dos Grupos de traballo.
Requisitos para socilitar a exención da tarifa
Actualmente podes solicitar a exención da tarifa si:
- es unha persoa activa como mapeadora e es dun estado que carece dos métodos de transferencia de diñeiro adecuados.
- es unha persoa activa como mapeadora e pagar a cota de membro representaría una carga irrazoable para ti debido a dificultades financieras.
Ten en conta que puede haber cambios despois da Asemblea Xeral Anual de 2019.
Idiomas
Podes solicitalo nunha lingua diferente da inglesa.
Donde encontrar más información
Por favor, le o manual de exención de tarifa na wiki de OSM para coñecer como encher os formularios, o procedemento e as ligazóns dos formularios.
Como axudar
Se tes interese en axudar a máis persoas da túa comunidade a convertirse en miembros da Fundación, por favor:
- Engade traducións do manual de exención de tarifa ó wiki.
- Contacta co Grupo de traballo de comunicación (communication@osmfoundation.org) se estás disposto a traducir as presentacións ó teu idioma nativo (ou a outros idiomas) diferente do inglés. Deberás asinar un acordo de confidencialidade.
- Tamén podes axudar nas tarefas do Grupo de traballo de membros (mwg@osmfoundation.org) uníndote.
Grazas.
O Grupo de traballo de membros
O programa de exención de tarifas foi desenvolvido baixo a dirección da xunta por persoas voluntarias do Grupo de traballo de membros, con especial agradecemento a Joost Schouppe, Michael Spreng e Steve Friedl, quen mantiveron o traballo regular co rexistrador.
Queres traducir esta e outras publicacións do blog ó teu idioma? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [o teu idioma]
A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.