OpenStreetMap.org ten agora unha nova capa destacada que amosa datos enriquecidos de diversas rutas: ÖPNVKarte.
ÖPNVKarte é un mapa de transporte público que amosa rutas de transporte público de trens, tranvías, ferrocarrís lixeiros, autobuses, transbordadores, metro e tamén puntos de interese para viaxeiros do transporte público. Melchior Moos, o creador da capa, espera que a inclusión no sitio global “axude e premie ós mapas de todo o mundo facendo máis visibles os seus esforzos de mapeo de transporte público”.
A lenda do mapa ÖPNVKarte pode atoparse no portal web de ÖPNVKarte https://öpnvkarte.de (e tamén en OpenBusMap.org). Para os que se preguntan polo nome, provén do alemán para “mapa de transporte público”.
ÖPNVKarte está xa despregada en: openstreetmap.de, openstreetmap.no, Mappa-Mercia, Facilmap , OSM inspector e nalgunhas aplicacións móbiles.
A capa ÖPNVKarte é unha capa adicional ás outras capas destacadas:
- “Estándar”(OpenStreetMap Carto), é a capa por defecto de osm.org,
- “Ciclista” (teselas cortesía de Andy Allan),
- “Medios de transporte” (teselas cortesía de Andy Allan) e
- “Humanitario” (teselas de HOT OSM, hospedada por OSM Francia)
O Grupo de traballo de operacións de OSM está interesado en novas capas destacadas que poñen de relevo diferentes aspectos de OpenStreetMap e podes ler aquí os criterios.
O Grupo de traballo de operacións de OpenStreetMap
Queres traducir este e outros artigos á túa lingua? Envía un correo electrónico a communication@osmfoundation.org co asunto: Helping with translations in [a túa lingua]
O Grupo de traballo de operacións é un dos Grupos de traballo de voluntariado da Fundación OpenStreetMap. A Fundación OpenStreetMap é unha organización sen ánimo de lucro, formada para apoiar o proxecto OpenStreetMap. Dedícase a fomentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de datos xeospaciais gratuítos para que calquera os poida usar e compartir. A Fundación OpenStreetMap posúe e mantén a infraestrutura do proxecto OpenStreetMap, está financiada con cotas e doazóns e organiza de forma anual a conferencia internacional do Estado do Mapa. Non ten empregados a xornada completa e apoia o proxecto OpenStreetMap a través dos nosos grupos de traballo. Por favor, considera facerte membro da Fundación.
OpenStreetMap foi fundado en 2004 e é un proxecto internacional para crear un mapa gratuíto do mundo. Para iso, nós, miles de voluntarios, recollemos datos sobre estradas, ferrocarrís, ríos, bosques, edificios e moito máis a nivel mundial. Os nosos datos de mapas poden ser descargados gratuitamente por todo o mundo e usados para calquera propósito, incluído o uso comercial. É posible producir os teus propios mapas que resalten certas características, calcular rutas etc. OpenStreetMap úsase cada vez máis cando se precisan mapas que se poidan actualizar moi rápido ou facilmente.
This post is also available in: Inglés Neerlandés Francés Italiano Portugués (do Brasil) Español Ucraíno Polaco